Jared Jeffries
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jared Scott Carter Jeffries, nado o 25 de novembro de 1981 en Bloomington, Indiana, é un antigo xogador americano de baloncesto profesional. Xogaba principalmente nas posicións de ala-pivote e pivote.
Remove ads
NBA
Jeffries foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Washington Wizards, equipo onde xogou as súas primeiras 4 tempadas na NBA.
Os New York Knicks ficharon a Jeffries o 8 de agosto de 2006, despois de que os Wizards rexeitaran igualar a oferta dos Knicks.[1] Pouco antes do comezo da tempada, Jeffries sufriu unha lesión no pulso[2] e perdeuse os 23 primeiros partidos da tempada. O 16 de decembro de 2006, Jeffries viuse envolto na liorta dun Knicks-Nuggets e foi suspendido por catro partidos.
O 18 de febreiro de 2010, foi traspasado aos Houston Rockets xunto a Jordan Hill, como parte dun traspaso a tres bandas que mandou a Tracy McGrady aos New York Knicks. Jeffries acordou o remate do seu contrato cos Rockets o 25 de febreiro de 2011.[3] O 1 de marzo de 2011, Jeffries volveu aos Knicks.
O 16 de xullo de 2012, Jeffries, Dan Gadzuric, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda foron traspasados ós Portland Trail Blazers a cambio de Kurt Thomas e Raymond Felton.[4]
En setembro de 2013, os Denver Nuggets contrataron a Jeffries coma ollador, tras retirarse coma xogador á idade de 31 anos.[5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads