Darmstadt

cidade de Alemaña From Wikipedia, the free encyclopedia

Darmstadtmap
Remove ads

Darmstadt é unha cidade que se atopa na parte sur do estado alemán de Hessen e forma parte da área metropolitana de Frankfurt. Segundo datos de 2014, a cidade tiña 151 879 habitantes.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

Darmstadt posúe o título oficial de "Cidade de ciencia" (en alemán: Wissenschaftsstadt) xa que acolle importantes institucións científicas, universidades e empresas de última tecnoloxía. Atópanse na cidade o Centro Europeo de Operacións Espaciais e o GSI Helmholtzzentrum für Schwerionenforschung, onde se descubriron diversos elementos químicos como o bohrio (en 1981), o meitnerio (en 1982), o hassio (en 1984), o darmstadtio (en 1994), o roentgenio (en 1994) e o copernicio (1996).[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads