Darmstadtio

elemento químico de número atómico 110 From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O darmstadtio[3] é un elemento químico de número atómico 110 e símbolo Ds. O seu nome fai honor á cidade alemá de Darmstadt.

Datos rápidos Darmstadio, Información xeral ...

É un elemento sintético que decae rapidamente; os seus isótopos de números másicos entre 267 e 273 teñen períodos de semidesintegración da orden de microsegundos, aínda que isótopos máis pesados, de números másicos 279 e 281, sintetizados recentemente, son máis estables, con períodos de semidesintegración de 180 milisegundos e 11,1 segundos, respectivamente. Debido a pertencer ao grupo 10, crese que este elemento pode ser un metal sólido brillante.

Foi sintetizado por primeira vez o mércores 9 de novembro de 1994 na Gesellschaft für Schwerionenforschung en Darmstadt, Alemaña, por P. Armbruster, S. Hofmann, G. Münzenberg e outros.[4] Nunca foi visto e só uns poucos átomos do mesmo foron creados polo bombardeo de isótopos de chumbo (208Pb) con ións acelerados de níquel (62Ni, 311 MeV), nun acelerador de ións pesados. E así o elemento foi chamado así polo lugar onde foi descuberto, Darmstadt, pola IUPAC en agosto de 2003.

Á parte das propiedades nucleares, non se mediron propiedades do darmstadtio ou dos seus compostos; isto débese á súa produción extremadamente limitada e custosa[5] e ao feito de que o darmstatio descomponse moi rapidamente. As propiedades do metal darmstatio seguen sendo descoñecidas e só se dispoñen de predicións.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads