Diana Morant

política socialista española From Wikipedia, the free encyclopedia

Diana Morant
Remove ads

Diana Morant Ripoll nada en Gandía, Valencia, o 25 de xuño de 1980 é unha política española. Iniciou a súa carreira política no Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) o 11 de xuño de 2011 e, en 2014, converteuse en Secretaria Xeral do PSPV en Gandía. Foi alcaldesa de Gandía (Valencia) desde o 13 de xuño de 2015 até que o 10 de xullo de 2021 foi nomeada Ministra de Ciencia do Goberno de España trala remodelación do Goberno de España.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Tamén foi deputada na Deputación de Valencia dende xullo de 2015 a maio de 2017.[1]

Remove ads

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Diana Morant naceu en Gandía no seo dunha familia na que é a maior de dúas irmás. Viviu durante a súa infancia entre o barrio gandiense de Corea e a Praia de Gandía, onde pasaba longas tempadas coa súa familia. Estudou Educación Xeral Básica (EXB) no colexio Abat Solà de Gandía e, máis tarde, cursou o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) e o Curso de Orientación Universitaria (COU) no Instituto María Enríquez de Gandía. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade Politécnica de Valencia, obtendo a titulación en 2007.

Carreira política

Graduada en 2007 e tras varios anos exercendo a súa carreira profesional como enxeñeira, en febreiro de 2011 foi convidada polo entón alcalde de Gandía, José Manuel Orengo Pastor, a formar parte da candidatura do PSPV-PSOE de Gandía nas eleccións locais do 24 de maio de 2011. Na candidatura, ocupou o posto número 5 na lista electoral. Naquelas eleccións, o PSPV-PSOE obtivo 10 concelleiros, sendo nomeada oficialmente concelleira do concello de Gandía o 11 de xuño de 2011. Durante a lexislatura de 2011 a 2015 foi rexedora na oposición.

Thumb
Pepa Frau, Diana Morant, Zapatero e Ximo Puig

En maio de 2014, José Manuel Orengo, entón Secretario Xeral do PSPV-PSOE de Gandía, anunciou que daba un paso atrás e renunciaba á secretaría xeral do partido. Diana Morant, entón Secretaria de Organización, anunciou a súa candidatura a liderar o partido en Gandía, sendo elixida en xuño de 2014.

En outubro de 2014, Diana Morant presentou a súa candidatura ao proceso de primarias que o PSPV puxo en marcha para elixir os seus candidatos e candidatas a alcaldes e alcaldesas.[2] A súa foi a única candidatura presentada, polo que foi proclamada candidata do PSPV-PSOE á alcaldía de Gandía para as eleccións de maio de 2015.

Nas eleccións municipais de 2015, o PP obtivo 12 edís, o PSPV-PSOE 7, a coalición Més Gandia 5 e Cidadáns 1. Tres semanas despois, o 13 de xuño de 2015, no pleno de investidura, Diana Morant obtivo os apoios dos concelleiros do PSPV-PSOE, Més Gandía e o edil de Cidadáns, logrando así a alcaldía de Gandia pondo final a catro anos de goberno en maioría absoluta do PP.[3]

En xullo de 2015, foi proposta pola comarca da Safor-Valldigna, co aval da dirección nacional do PSPV-PSOE e do seu Secretario Xeral, Ximo Puig, como Deputada Provincial, sendo máis tarde nomeada Deputada delegada de Mancomunidades e Comarcalización no novo goberno provincial presidido por Jorge Rodríguez Gramage. En maio de 2017, dimitiu como deputada para se centrar no seu traballo na alcaldía de Gandía.[4]

Durante a súa actual etapa como alcaldesa, Gandía foi nomeada Capital Cultural Valenciana, sendo esta a primeira vez que a Conselleria d'Educació, Investigació, Cultura i Esport da Generalitat Valenciana outorgaba esta distinción.[5] Unha capitalidade que tivo o seu acto inaugural o 22 de xuño de 2017 na praza Major de Gandia e para a que se programaron todo un feixe de actos repartidos ao longo do catro estacións do ano: primavera de artes plásticas; verán de artes musicais, outono de artes literarias e inverno de artes escénicas e audiovisuais.[6][7]

Diana Morant Ripoll repetiu como candidata do PSPV-PSOE á alcaldía de Gandía e nas eleccións celebradas o 26 de maio de 2019 a candidatura socialista que lideraba foi a máis votada no municipio. Os resultados foron os seguintes:[8]

Máis información Partido, Votos ...

O 15 de xuño de 2019, Diana Morant Ripoll foi investida alcaldesa de Gandía cunha maioría de 15 votos (11 concelleiros do PSPV máis os 4 de Compromís Més Gandia Unida). En virtude do acordo bautizado como o Pacte del Serpis,[9][10] a alcaldesa de Gandía dirixiu un goberno de 15 concelleiros, o máis amplo da historia democrática da cidade, conformada polas dúas formacións que votaron a favor seu na investidura.

Ministra

O 10 de xullo de 2021, o presidente do goberno español, Pedro Sánchez, informou do seu nomeamento como Ministra de Ciencia[11] en substitución de Pedro Duque trala remodelación do Goberno que fixo durante ese xullo e que involucrou varios ministros do seu Goberno. Tomou posesión o día 12 de xullo.[12]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads