Diosxenina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Diosxenina
Remove ads

A diosxenina é un fitosteroide sapoxenina, que é o produto da hidrólise por ácidos, bases fortes ou encimas de saponinas, extraído de tubérculos de Dioscorea, como a variedade africana kokoro. O produto sen azucres (aglicona) de tales hidrólises, a diosxenina, é utilizada para a síntese comercial da cortisona, pregnenolona, proxesterona e outros produtos esteroides.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Remove ads

Fontes

Está presente en cantidades detectables en Costus speciosus, Smilax menispermoidea, especies dos xéneros Paris, Aletris, Trigonella e Trillium, e en cantidades extraíbles en moitas especies de Dioscorea, como D. althaeoides, colletti, composita[1], floribunda, futschauensis, gracillima, hispida, hypoglauca, mexicana[2], nipponica, panthaica, parviflora, septemloba e zingiberensis.[3]

Usos industriais

A diosxenina é un precursor de varias hormonas humanas, empezando co proceso de degradación de Marker, que inclúe a síntese de proxesterona.[4] O proceso foi utilizado nos métodos de fabricación iniciais de pílula contraconceptiva oral combinada.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads