Dolph Lundgren
Actor sueco From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Dolph Lundgren, nado en Estocolmo o 3 de novembro de 1957, é un actor, director e artista marcial sueco. Pertence á xeración de actores que representaban o estereotipo do heroe de acción, xunto con Sylvester Stallone, Chuck Norris, Arnold Schwarzenegger, Bruce Willis, Steven Seagal e Jean-Claude Van Damme.
Ten unha carreira de química pola Universidade Estatal de Washington, estudou enxeñaría química no Real Instituto de Tecnoloxía de Estocolmo a comezos da década de 1980, e ten un máster de enxeñaría química da Universidade de Sydney en 1982. Lundgren ten o cinto negro 3º dan en karate kyokushin e foi campión de Europa en 1980 e 1981. En Sidney, converteuse en gardacostas da cantante xamaicana Grace Jones e comezou unha relación con ela. Xuntos mudáronse a Nova York, e despois dun breve período como modelo e porteiro dun club de Manhattan, Jones conseguiulle un pequeno papel no filme de James Bond 007: Panorama para matar.
O grande éxito de Lundgren chegou co filme Rocky IV de 1985, no que interpretou o boxeador ruso Ivan Drago. Dende entón, apareceu en máis de 40 filmes, a maioría deles no xénero de acción. Interpretou a He-Man no filme de 1987 Masters of the Universe, e a Frank Castle en The Punisher. A comezos de 1990, apareceu en filmes como Dark Angel (1990); Showdown in Little Tokyo (1991), a carón de Brandon Lee; Universal Soldier (1992) con Jean-Claude Van Damme; Fuga mortal (1993), con Kristian Alfonso e George Segal; Johnny Mnemonic (1995), con Keanu Reeves; e Blackjack (1998), dirixido por John Woo. No 2004, Lundgren dirixe o seu primeiro filme, The Defender, e posteriormente rodaría The Mechanik (2005), Missionary Man (2007), Command Performance (2009) e Icarus (2010), que tamén protagonizou. Dende 1995 só participou en filmes "directamente para vídeo", e non será até 2010 cando regrese á gran pantalla con The Expendables, a carón doutros actores de acción como Stallone, Jason Statham, Jet Li, Stone Cold Steve Austin e Mickey Rourke. Volveu facer de Gunner Jensen en The Expendables 2 (2012) e The Expendables 3 (2014).
Remove ads
Filmografía
Cine
Televisión
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads