Elisabeth Shue

actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Elisabeth Shue
Remove ads

Elisabeth Judson Shue, nada en Wilmington, Delaware, o 6 de outubro de 1963, é unha actriz estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Shue naceu no seo dunha familia de clase media,[1] filla de Anne Brewster Wells, axente de banca, e de James William Shue,[2] avogado e axente inmobiliario, que se divorciaron cando ela tiña nove anos.[3][4] O seu pai era un activista republicano que intentou ser elixido para o Senado polo estado de Nova Jersey.[5] O seu irmán é o tamén actor Andrew Shue.

Shue graduouse no Columbia High School de Maplewood (Nova Jersey) e entrou en Harvard en 1985, licenciándose en ciencias políticas en 2000[6] despois dunha paréntese en que iniciou a súa carreira como actriz.[1] Durante os seus estudos no instituto e tralo divorcio dos seus pais gañou cartos facendo de modelo na televisión. Shue converteuse nunha cara familiar ao participar en anuncios de Burger King, De Beers e Hellmann's.[7]

En 1984 chegou o seu auténtico debut como protagonista con Karate Kid (1984), onde interpretaba a moza de Daniel LaRusso (Ralph Macchio). Ao mesmo tempo fixo outros papeis en filmes como Call to Glory (1984), rodada para ser emitida na televisión. Continuou a súa carreira actuando en Adventures in Babysitting (1987) e obtivo o papel coprotagonista en Cocktail (1988), protagonizada por Tom Cruise. Máis tarde chegaron as secuelas de Back to the Future, en que interpretou a Jennifer Parker, parella da personaxe interpretada por Michael J. Fox.[8] Substituíu a actriz Claudia Wells que renunciou a repetir o seu papel no primeiro filme por mor dunha enfermidade na súa familia. Nesta época, o irmán máis vello de Shue, William, falecu nun accidente durante unhas vacacións familiares.[9]

Na década de 1990 comezou a conseguir papeis máis arriscados. Participou en Marrying Man (1991) con Alec Baldwin e Kim Basinger, mais o filme foi duramente castigado por gran parte da crítica.[10] Despois tivo un papel protagonista en Heart and Souls, de 1993, xunto a Robert Downey Jr. Seguiulle Leaving Las Vegas (1995), con Nicolas Cage, cunha interpretación que lle valeu unha candidatura ao Óscar, ao Globo de Ouro e ao BAFTA entre outros.[11] Despois deste éxito interveu en títulos como Desconstructing Harry (1997), de Woody Allen, The Saint, (1997) con Val Kilmer e a cinta de suspense Hollow Man (2000), en que compartiu cartel con Kevin Bacon e que recadou 190 millóns de dólares en todo o mundo.[12] Xa na década de 2000 apareceu en filmes como Hide and Seek (2005), con Robert De Niro, e Dreamer: Inspired by a True Story (2005), con Kurt Russell e Dakota Fanning, que foi eloxiada pola prensa cinematográfica.[13]

Tras estes filmes viñeron outros que non tiveron repercusión na billetería internacional ou na crítica cinematográfica ata que en 2010 interveu en tres novos filmes: Walking Madison (2010), Janie Jones (2010), xunto a Abigail Breslin, e no remake de Piranha (1978) titulado Piranha 3D (2010), rodada en 3D con actores como Richard Dreyfuss, Christopher Lloyd e Jerry O'Connell. En 2012 incorporouse ao elenco da serie CSI: Crime Scene Investigation como substituta de Marg Helgenberger.[14] Posteriormente participou na serie Cobra Kai, continuación da franquía de filmes Karate Kid.

Remove ads

Vida persoal

Shue casou co director Davis Guggenheim en 1994.[15] A parella tivo tres fillos: Miles William, Stella Street e Agnes Charles.[16]

Filmografía

Máis información Ano, Título ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads