Eva Furnari

From Wikipedia, the free encyclopedia

Eva Furnari
Remove ads

Eva Furnari, nada en Roma o 15 de novembro de 1948, é unha ilustradora e escritora italo-brasileira.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Xunto con Lygia Bojunga Nunes, Ana Maria Machado e Ruth Rocha, é unha das principais expoñentes da nova onda da literatura infantil e xuvenil brasileira.[2]

Remove ads

Traxectoria

Nada en Roma, a súa familia mudouse para o Brasil en 1950, cando Eva tiña dous anos.

Creceu na súa nova patria, graduándose en Arquitectura na Universidade de São Paulo.

A partir de 1976 dedicouse inicialmente a traballar en libros con ilustracións, sen texto.

Furnari colaborou na sección infantil Folhinha do xornal Folha de S. Paulo, na que creou un dos seus personaxes máis coñecidos, a "Bruxiña".[1]

Como autora de literatura infantil e xuvenil e como ilustradora recibiu o Premio Jabuti e Literatura nos anos de 1986, 1991, 1993, 1995, 1998 e 2006, polas obras Truks, A Bruxa Zelda e os 80 Docinhos, Anjinho, Circo da Lua, Cacoete e Felpo Filva respectivamente.[3][4][5][6][7][8]

En 2002 foi seleccionada para ilustrar unha nova edición de seis libros da obra infantil de Érico Veríssimo.

O traballo de Furnari, consistente principalmente de pequenos libros, é un dos máis rendíbeis no ámbito da literatura contemporánea infantil e xuvenil brasileira.

Como a mesma autora revelou nunha entrevista, a ilustración precedeu á produción literaria, pero foi esta última a que realmente pasou a un primeiro plano co transcorrer dos anos.[9]

Remove ads

Premios

Obras

Como escritora e ilustradora

Como ilustradora

Outros

  • Lambisgóia de Edson Gabriel Garcia - Ilustradora, Nova Fronteira, 1984 (ISBN 8520907393)
  • A Menina das Bolinhas de Sabão de Antônio Hohlfeldt - Ilustradora, FTD (ISBN 853220144X)
  • O Susto do Periquito de Sônia Marta Junqueira - Ilustradora (Editorial Ática, ISBN 8508069529)
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads