Factor tisular

From Wikipedia, the free encyclopedia

Factor tisular
Remove ads

O factor tisular (TF), tamén chamado factor III de coagulación, factor tisular das plaquetas ou CD142, é unha proteína codificada polo xene F3 do cromosoma 1 humano, que está presente no tecido subendotelial e leucocitos. O seu papel no proceso de coagulación do sangue é a iniciación da formación de trombina a partir do cimóxeno protrombina. O factor tisular forma parte da tromboplastina, que intervén na fervenza de reaccións que leva á activación do factor X na vía do factor tisular (antes chamada vía extrínseca).

Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...
Remove ads

Función

O xene F3 codifica o factor de coagulación III que é unha glicoproteína da superficie celular. Este factor permite que as células inicien as fervenzas da coagulación do sangue, e funciona como receptor de alta afinidade para o factor de coagulación VII. O complexo resultante intervén nun evento catalítico que é responsable para a iniciación das fervenzas de proteases de coagulación por proteólise limitada específica. A diferenza doutros cofactores destas fervenzas de proteases, que circulan como precursores non funcionais, este factor é un potente iniciador plenamente funcional cando está expresado na superficie celular. Este factor ten tres dominios: extracelular, transmembrana e citoplásmico. Esta proteína é a única da vía de coagulación para a cal non se describiu ningunha deficiencia conxénita.[1] Ademais do factor tisular unido a membranas, tamén hai unha forma soluble do factor tisuar orixinada por empalme alternativo dos transcritos de ARNm, no cal o exón 5 está ausente e o exón 4 está empalmado directamente ao exón 6.[2][3]

Coagulación

Thumb
Fervenza da coagulación.

O TF é o receptor da superficie celular para a serina protease factor VIIa.

A función mellor coñecida é o seu papel na coagulación do sangue. O complexo do TF co factor VIIa cataliza a conversión da protease factor X inactiva na protease factor Xa activa.

Xunto co factor VIIa, o factor tisular forma a vía extrínseca ou do factor tisular da coagulación. Esta é a oposta da vía intrínseca (de amplificación) na que interveñen o factor VIII e o factor IX activado. Ambas as vías conducen á activación do factor X (a vía común) que se combina co factor V activado en presenza do calcio e o fosfolípido para prodcuir trombina (actividade de tromboplastina).

Sinalización de citocinas

O TF está relacionado cunha familia proteica coñecida como familia do receptor de citocinas de tipo II. Os membros desta familia de receptores son activados por citocinas. As citocinas son pequenas proteínas que poden influír no comportamento dos leucocitos. A unión do VIIa ao TF tamén se atopou que dá comezo a procesos de sinalización dentro da célula. As respostas á función de TF/VIIa xogan un papel na anxioxénese e a apoptose. As respostas proinflamatoria e proanxioxénica son activadas pola clivaxe mediada por TF/VIIa feita polo receptor activado por protease 2 (PAR2).[4] EphB2 e EphA2 da familia do receptor de tirosina quinase Eph (RTK) poden tamén ser clivados por TF/VIIa.[5]

Remove ads

Estrutura

O factor tisular pertence á superfamilia proteica do receptor de citocinas e consta de tres dominios proteicos, que son:[6]

  1. Dominio extracelular. Consta de dous módulos de fibronectina tipo III cuxo núcleo hidrófobo se mergulla na interface entre os dominios. Isto funciona como un molde (probablemente ríxido) para a unión do factor VIIa.
  2. Dominio transmembrana.
  3. Dominio citosólico de 21 aminoácidos de lonxitude dentro da célula, que está implicado na función de sinalización do TF.

Nótese que os dominios do factor VIIa, dominios GLA, únense en presenza de calcio a fosfolípidos cargados negativamente, e esta unión potencia enormemente a unión do factor VIIa ao factor tisular.

Remove ads

Distribución nos tecidos

Algunhas células liberan TF en resposta a danos nos vasos sanguíneos (ver o seguinte parágrafo) e algunhas fano só en resposta a mediadores inflamatorios (células endoteliais/macrófagos).

O TF exprésase nas células que normalmente non están expostas ao sangue circulante como as células endoteliais (por exemplo, células do músculo liso) e as células que rodean os vasos sanguíneos (por exemploo, os fibroblastos). Isto pode cambiar cando o vaso sanguíneo sofre danos por unha lesión física ou rotura de placas ateroscleróticas. A exposición a células que expresan o TF durante a lesión permite a formaciónn do complexo de TF co factor VII. O factor VII e o TF forman un complexo equimolar en presenza de ións calcio e isto leva á activación do factor VII na superficie da membrana.

A superficie interna do vaso sanguíneo consta de células endoteliais. As células endoteliais non expresan o TF excepto cando están expostas a moléculas inflamatorias como o factor de necrose tumoral-alfa (TNF-alpha). Outro tipo celular que expresa o TF na superficie celular en condicións inflamatorias é o monocito (un leucocito).

Tromboplastina

Historicamente, a tromboplastina era un reactivo de laboratorio, xeralmente derivado de fonte placentaria, usada en ensaios de tempo de protrombina. A tromboplastina por si soa podía activar a vía de coagulación extrínseca. Cando se manipulaba no laboratorio, podía obterse un derivado chamado tromboplastina parcial, que era utilizada para medir a vía intrínseca. Esta proba denomínase tempo de tromboplastina parcial ou tempo de trompoblastina activado. Ata moito máis tarde non se identificaron os compoñentes da tromboplastina e da tromboplastina parcial. A tromboplastina está formada por fosfolípidos e por factor tisular, e cómpren ambos os dous para a activación da vía extrínseca, mentres que a tromboplastina parcial non contén factor tisular. O factor tisular non é necesario para activar a vía intrínseca.

Remove ads

Interaccións

O factor tisular interacciona co factor VII.[7][8]

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads