FreeCAD
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
FreeCAD é unha aplicación de código aberto e libre para o deseño por ordenador en tres dimensións.[1][2] É un programa semellante no xeito de traballar a CATIA, Creo, Autodesk Inventor, SolidWorks, TopSolid ou Solid Edge. Funciona cunha modelaxe paramétrica e ten unha arquitectura de software modular, no que se poden engadir de xeito doado máis aplicacións e elementos sen trocar o núcleo do sistema. Está programado en C++, emprega varias librarías de Python e ten unha interface construída con Qt.[2][3] A versión 0.17 xa é en galego.
Remove ads
Historia
O proxecto foi iniciado en 2002 por dous enxeñeiros alemáns, Jürgen Riegel e Werner Mayer,[4] empregando como base o núcleo de OpenCASCADE.[2]
Descrición
A contra dos programas en dúas dimensións de CAD analíticos coma LibreCAD, AutoCAD ou MicroStation, FreeCAD é un CAD de deseño paramétrico xa que emprega parámetros (características propias do deseño) para definir os límites ou accións. En deseño paramétrico cada elemento do debuxo (elementos como muros, portas, fiestras ou parafusos) trátase como un obxecto. Este obxecto, a diferenza doutros programas de CAD, está definido polas súas coordenadas espaciais (nos eixos x, y, z) e outros parámetros que definen características destes, ben gráficas ben funcionais. As bases de datos relacionadas co obxecto fan que esta aplicación teña un enfoque semellante a BIM. Contén o ciclo de vida completo do produto, indo dende o deseño ata a edificación ou fabricación.
Esta aplicación emprega formatos de ficheiros DXF, SVG, STEP, IGES, IFC, OBJ, STL, DAE ou OFF, NASTRAN, VRML e o seu formato nativo Fcstd.[5]
Versións
Galería de imaxes
- "Chain adjuster".
- Módulo para realizar borradores.
- Proxeccións en FreeCAD 0.14
- Máquina.
- Deseño dunha casa.
- Modelo 3D dun rodamento ríxido de bolas sobre FreeCAD 0.10.
- Modelo dunha cesta.
- Altofalante deseñado con FreeCAD.
- Matrices para o modelado en FreeCAD 0.13 en Linux Kubuntu 13.10.
- Hórreo 3D con FreeCAD 0.16
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads