Gilby Engineering

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads
Remove ads

Gilby Engineering foi un equipo de carreiras de motor e máis tarde construtor de coches de carreiras do Reino Unido. O equipo competiu en 12 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, incluíndo 6 cos coches de construción propia, pero non anotou ningún punto do campionato do mundo. Os coches de Gilby foron construídos por Syd Greene para que os pilotase o seu fillo Keith. Previamente correran cun Maserati 250F para Roy Salvadori e Ivor Bueb e tamén cun Cooper para Greene Jr.. Keith Greene máis tarde fíxose famoso como xerente dun equipo de Fórmula Un e nas carreiras de autos deportivos. Gilby fixo o seu debut no Gran Premio de Francia de 1954 co Maserati, para Salvadori, quen tamén pilotou para o equipo en 1955 e 1956, e a última carreira do equipo foi o Gran Premio de Italia de 1962. Despois de que o equipo deixou de competir na Fórmula Un, o último coche de Gilby comprouno o piloto privado Ian Raby e participou en tres carreiras en 1963.[1] Keith Greene logrou un terceiro lugar na clasificación na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Nápoles de 1962, cun coche con motor BRM, detrás dos Ferrari oficiais de Willy Mairesse e Lorenzo Bandini.[2]

Máis información Nome completo, Bandeira ...
Remove ads

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Chasis ...
Remove ads

Outros coches Gilby

(key)

Máis información Ano, Equipo ...

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads