Gran Premio do Canadá de 2013

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Gran Premio do Canadá de 2013 (formalmente o 2013 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 9 de xuño de 2013 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá.[1] Foi a sétima carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013, e marcou a edición número 50 do Gran Premio do Canadá.

Datos rápidos Nome oficial, Nome na lingua orixinal ...

Logo de lograr a pole position, Sebastian Vettel logrou no seu Red Bull a súa primeira vitoria no Gran Premio do Canadá, sacando 14 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Fernando Alonso.[2]

A carreira estivo marcadoa pola morte do comisario de pista Mark Robinson, que foi atropelado por un vehículo de rescate. O accidente ocorreu mentres os comisarios estaban quitando o Sauber de Esteban Gutiérrez despois de que o mexicano trompeara nas últimas voltas da carreira. O comisario morreu despois no hospital.[3] Foi a primeira morte nun circuíto de Fórmula Un desde a do comisario Graham Beveridge no Gran Premio de Australia de 2001.

Remove ads

Resumo

As tres sesións de cualificación celebráronse o 8 de xuño. A Q1 resultou afectada pola choiva.

Q1

O Force India de Paul di Resta, o Caterham de Charles Pic, o Lotus F1 de Romain Grosjean os Marussia de Jules Bianchi e Max Chilton e o Caterham de Giedo van der Garde foron todos eliminados na Q1.

Q2

O Sauber de Nico Hülkenberg, o McLaren de Sergio Pérez, o Williams de Pastor Maldonado, o McLaren de Jenson Button, o Sauber de Esteban Gutiérrez, e o Ferrari de Felipe Massa foron todos eliminados na Q2. Massa provocou unha bandeira vermella logo de chocar contra as barreiras na curva 3. Valtteri Bottas no Williams converteuse no primeiro piloto novato en 2013 para entrar na Q3.

Q3

O Red Bull de Sebastian Vettel logrou a pole position do Gran Premio do Canadá cun tempo de 1:25.425. O Mercedes de Lewis Hamilton e o Williams de Valtteri Bottas completaron os tres mellores tempos.

Remove ads

Clasificación

Cualificación

Máis información Pos., Nº ...

Carreira

Máis información Pos., Nº ...

Posicións logo da carreira

Máis información Pos., Piloto ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads