Giedo van der Garde
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Giedo van der Garde, nado en Rhenen o 25 de abril de 1985 é un piloto de carreiras neerlandés.
Remove ads
Traxectoria
Karting
Van der Garde ten unha exitosa carreira no karting, gañou o campionato holandés en 1998. En Super A foi o mellor novato no 2001, e campión mundial no 2002.[1]
Fórmula Renault
Ao ano seguinte uniuse ao campionato do 2000 da Fórmula Renault e terminou sexto, pilotando para o equipo holandés Van Amersfoort Racing. Grazas a súa actuación converteuse en parte do programa de desenvolvemento de pilotos de Renault F1.
Fórmula Tres
Participou no campionato de Fórmula 3 Euro Series de 2004 co equipo Signature-Plus, e co Team Rosberg en 2005.
En 2006 uniuse ao equipo ASM, que dominara a tempada 2005 con Lewis Hamilton e Adrian Sutil. O equipo logrou os dous primeiros lugares no campionato unha vez máis en 2006, pero foron os compañeiros de equipo de Van der Garde Paul di Resta e Sebastian Vettel, quen encabezaron a táboa de posicións. O holandés terminou sexto cunha soa vitoria.
Fórmula Renault 3.5 Series




O 17 de decembro de 2006 van der Garde anunciou que pilotaría na Fórmula Renault 3.5 Series un Victory Engineering, un equipo que traballa en conxunto con Carlin Motorsport, o que lle fai dicir que vai a traballar xunto de novo con Sebastian Vettel, o seu compañeiro de equipo en ASM.
Giedo malia ser o piloto máis consistente, sempre ao redor do 6º ou 5º posto, non gañou nin alcanzou o podio. Terminou a tempada 2007 da Fórmula Renault 3.5 Series 6º, 3º Novato do Ano. Recibiu varias ofertas para probar en GP2, de equipos como o DAMS e Arden International. Durante as súas primeiras probas, impresionou.
Finalmente asinou con P1 Motorsport para competir na tempada 2008 da Fórmula Renault 3.5 Series.
GP2 Series
Van der Garde asinou para pilotar no equipo iSport International na tempada 2008-09 das GP2 Asia Series, e na tempada 2009 das GP2 Series.[2] En Hungaroring, logrou a súa primeira vitoria. Engadiu dúas vitorias máis antes do final da tempada rematando no sétimo lugar na clasificación do campionato.
El non tiña previsto competir na tempada2009-10 da GP2 Asia Series, pero competiu na segunda carreira co Barwa Addax.Pilotou co mesmo equipo na tempada 2010 da GP2 Series, igualando a súa sétima posición no campionato de pilotos, mentres que o seu compañeiro de equipo Sergio Pérez foi subcampión.[3]
Van der Garde quedou con Barwa Addax para a tempada 2011 da GP2 Asia Series, con Charles Pic. Terminou terceiro no campionato, detrás de Romain Grosjean e Jules Bianchi.
Como parte do seu acordo para converterse en piloto reserva do equipo Caterham, van der Garde uniuse ao equipo Caterham Racing de GP2 na tempada 2012, xunto con Rodolfo González, logrou dúas vitorias, terminando sexto no campionato.
Fórmula Un
En 2006 van der Garde entrou no Programa de Novos Pilotos de McLaren.
O 15 de decembro de 2006 van der Garde foi confirmado como piloto de probas e reserva de Super Aguri para a tempada 2007 de Fórmula Un.[4]

O 20 de xuño de 2007 Van der Garde anunciou a resolución do contrato. Van der Garde foi candidato a pilotar na Fórmula Un para Virgin en 2011, pero ese asento finalmente foi para o belga Jérôme d'Ambrosio.
Caterham (2013)

O 4 de febreiro de 2012, anunciouse que Van der Garde sería o piloto reserva de Caterham F1 para a tempada 2012 de Fórmula Un.[5] O 1 de febreiro de 2013, o representante de Van der Garde, anunciou que Giedo se unirá a Caterham como o seu segundo piloto, xunto a Charles Pic. Van der Garde terminou a súa primeira carreira de Fórmula Un cun 18º lugar no Gran Premio de Australia de 2013.
No Gran Premio de Mónaco de 2013, van der Garde logrou a mellor cualificación de Caterham cun posto 15, esta foi tamén a primeira vez que un Caterham entrou na Q2 na tempada 2013. Van der Garde igualou o seu mellor 15ª posición durante a carreira a pesar do choque inicial co Williams de Pastor Maldonado. Máis tarde mellorou esta actuación ao terminar décimo cuarto durante o Gran Premio de Hungría de 2013, por diante do seu compañeiro de equipo Pic, así como dos Marussia de Jules Bianchi e Max Chilton.
Sauber (2014)
O 21 de xaneiro de 2014, anunciouse que van der Garde uniuse a Sauber como piloto de reserva para a tempada 2014.
Remove ads
Andaina
Resumo da súa carreira
*
Resultados completos na Formula 3 Euro Series
(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos na Formula Renault 3.5 Series
(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos na GP2 Series
(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
*
Resultados completos na GP2 Asia Series
(key) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads