Guadi Galego
cantante galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Guadalupe Cribeiro Galego, coñecida como Guadi Galego, nada en Cedeira en 1974, é unha cantante galega.
Remove ads
Traxectoria
Guadi Galego comezou a súa formación de música dende moi nova. Dende o ano 1997 foi gaiteira, pianista e vocalista no grupo Berrogüetto, co que gravou tres discos até xaneiro de 2008 (Viaxe por Urticaria, Hepta e 10.0). Tamén formou parte do dúo Espido e de Nordestin@s.
A súa carreira en solitario iniciouse co álbum Benzón, que se publicou en 2009.[1] Este disco foi moi aclamado pola crítica galega e a española, recibindo o Premio Opinión ao mellor disco folk do ano[2] e a candidatura á mellor canción en galego nos Premios da Música polo tema "Madama", no que colaboraban Pedro Pascual e Rosa Bugallo.[3]
En 2012 uniuse aos músicos Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero para formar o grupo aCadaCanto[4] que sacou un disco de igual nome ese ano e outro en 2013 titulado A rosa d'Adina, no que musicaron versos de Rosalía de Castro.[5][6]
Presentou o seu disco Lúas de outubro e agosto o 25 de novembro de 2014, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller, no que inclúe a canción "Matriarcas" facendo unha homenaxe ás mulleres reais e a súa vida cotiá.[7] En 2016 presentou o seu terceiro álbum en solitario, titulado O mundo está parado.[8]
No mes de maio, con motivo das actividades do Día das Letras Galegas en 2017, participou nun acto organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) co obxectivo de fomentar o canto coral nos colexios e institutos utilizando como base o repertorio de grupos e cantantes galegos actuais. Xuntáronse nunha nave do estaleiro Navantia uns mil estudantes de Primaria e Secundaria para gravar, xunto a Guadi Galego, o seu tema "Chea de vida" baixo a batuta de Ramón Bermejo.[9][10]
No ano 2018, colaborou con Iván Ferreiro na banda sonora da serie Fariña.[11] O 17 de maio, Día das Letras Galegas, actuou no programa televisivo Late Motiv de Andreu Buenafuente convidada expresamente como artista galega para actuar en directo nun programa estatal.[12][13]
En outubro de 2019 publicou Immersion, un álbum no que interpretou temas dos seus tres discos anteriores, mais esta vez en sete linguas da Península Ibérica: catalán, éuscaro, aranés, asturiano, portugués, castelán e galego.[14] Contou con colaboracións de numerosos artistas como Iván Ferreiro, Vega, Lisandro Aristimuño, Germán Díaz, Andrés Suárez Otero, Mikel Urdangarin ou Abe Rábade.[15] En novembro de 2020 publicou Costuras, o seu sexto disco en solitario, formado por dez novos temas.[16]
Remove ads
Discografía

Traballos con Berrogüetto
- Viaxe por Urticaria (1999).
- Hepta (2002).
- 10.0 (2006).
Traballos con Espido
- Espido (2005).
Traballos con Nordestin@s
- Nordestin@s (2006).
Traballos propios
- Benzón (2009).
- Lúas de outubro e agosto (2014).
- O mundo está parado (2016).[17]
- Bóla de cristal (2018).[18]
- Immersion (2019).[19]
- Costuras (2020).
- Pélago. Contos Oníricos (2025). Con formato de disco-libro, as letras xunto coas ilustracións de María Maquieira e un prólogo de Antonio García Teijeiro.
Traballos con aCadaCanto
Remove ads
Galardóns
- Premio Opinión outorgado pola crítica especializada ao segundo mellor álbum galego do 2005, por Espido.[20]
- Premio Opinión outorgado pola crítica especializada ao mellor álbum galego do 2009, por Benzón.
- Premio da Crítica Galicia de Música no 2015.
- Premio Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal en 2015.
- Premio Martín Códax 2016 na categoría de canción de autor.[20]
- Premio Rebulir da Cultura Galega 2018 na categoría de Música Galega.[21]
- Premio do Día Internacional da muller rural 2018[22] da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) e a Deputación da Coruña.[23]
- Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020
Con Berrogüetto
- Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
- Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
- Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao segundo mellor álbum galego por 10.0 no 2007.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na edición dos Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
Con Nordestin@s
- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego do 2006.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads