Jonathan Pereira

futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia

Jonathan Pereira
Remove ads

Jonathan Pereira Rodríguez, nado o 12 de maio de 1987 en Vigo, é un ex futbolista galego. Xogaba como dianteiro e disputou máis de 300 partidos entre a Primeira e a Segunda división.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Jonathan Pereira coa selección galega

Empezou na canteira do Celta de Vigo, xogando 2 anos cos alevíns. Logo estivo 4 anos no Unión Deportiva Santa Mariña de Cabral (Vigo), e ós 15 anos marchou ó Villareal para xogar nas categorías inferiores.

Debutou na primeira división o 21 de outubro de 2006 contra o Levante, e 17 segundos despois marcou o seu primeiro gol, converténdose no debutante que menos tempo tardou en meter un gol.[1] En xullo de 2007 o Villarreal cedeuno ó Racing de Ferrol da segunda división, equipo co que descendeu á segunda B.

No verán de 2008 foi seguido por varios equipos, como o Racing de Santander, o Málaga ou o Recreativo de Huelva, aínda que todos pretendían a súa cesión, xa que tiña contrato co Villarreal ata o 2013. Finalmente foi cedido ó Racing de Santander por unha tempada.[2]

Jonathan pasou á historia racinguista por ser o primeiro xogador do club en marcar un gol na Copa da UEFA. O partido foi o 18 de setembro de 2008 no Sardinero fronte ao FC Honka Espoo, gañando o conxunto cántabro por 1-0. Tamén marcou no último partido que disputou o equipo cántabro na competición europea fronte ao Manchester City no Sardinero o 18 de decembro de 2008. Anotou ademais o gol máis rápido na historia do Racing, aos 24 segundos no partido fronte ao Deportivo da Coruña en Riazor, o 8 de marzo de 2009.

Ao rematar a súa cesión volveu ao Villareal, e en xaneiro de 2010 foi fichado polo Real Betis Balompié por 3,4 millóns de euros.[3]

Selección nacional

Foi internacional coa selección de fútbol de Galicia en dúas ocasións. Foi internacional coas seccións inferiores da selección española de fútbol, coas que conseguiu o subcampionato de Europa Sub-17.[4][5].

Remove ads

Palmarés

Copas internacionais

Máis información Título, Club ...

Récords

O 4 de agosto de 2011, disputou un amigábel de pretemporada co Real Betis contra o Neath galés marcando 7 goles.[6] Isto colocouno no quinto posto do ránking mundial de máis goles conseguidos nun só partido por un xogador, tan só por debaixo de Pelé (8 goles), Voskamp (8), Nielsen (10) e Thompson (13).

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads