Enterococcus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Enterococcus
Remove ads
Remove ads

Enterococcus é un xénero de bacterias do ácido láctico do filo Firmicutes. Os enterococos son cocos grampositivos, que adoitan a aparecer en pares (diplococos) ou formando curtas cadeas, e son difíciles de distinguir dos estreptococos fixándonos só nas súas características físicas.[1] Dúas especies deste xénero son comensais comúns do intestino humano: E. faecalis (90-95%) e E. faecium (5-10%). Outras especies poden formar en raros casos clusters infecciosos, como E. casseliflavus, E. gallinarum, e E. raffinosus.[1]

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Remove ads

Fisioloxía e clasificación

Os enterococos son organismos anaerobios facultativos.[2] Aínda que non poden formar esporas, son tolerantes a un amplo rango de condicións ambientais, como temperaturas extremas (10-45 °C), pHs de 4,5 a 10,0, ou altas concentracións de cloruro de sodio.[3]

É característico dos enterococos a gamma-hemólise en ágar sangue de sangue de ovella.[4]

Historia

Membros do xénero Enterococcus eran clasificados ata 1984 como Streptococcus do grupo D, pero as análises xenómicas indicaron que era máis apropiado clasificalas nun xénero separado.[5]

Remove ads

Patoloxía

Importantes infeccións clínicas causadas por Enterococcus son infeccións do tracto urinario, bacteremias, endocardite bacteriana, diverticulite, e meninxite.[3][4] Cepas sensibles destes microorganismos poden tratarse con ampicilina, penicilina e vancomicina.[6]

Desde un punto de vista médico, unha importante característica deste xénero é o alto nivel de resistencia a antibióticos intrínseca. Algúns enterococos son intrinsecamente resistentes a antibióticos β-lactámicos (penicilinas, cefalosporinas, carbapenems), e a moitos aminoglicósidos.[4] Nas últimas décadas, emerxeron cepas especialmente resistentes á vancomicina de Enterococcus (VRE) en infeccións nosocomiais en pacientes hospitalizados.[3] Estas cepas resistentes poden ser tratadas con quinupristina/dalfopristina (Synercid) con taxas de resposta de aproximadamente o 70%.[7] A rifampicina e a tigecycline teñen tamén actividade antienterocócica.[Ligazón morta]

A meninxite enterocócica é unha rara complicación de neurocirurxía. Xeralmente require tratamento con vancomicina intravenosa ou intratecal (baixo a membrana aracnoide), aínda que se debate se este uso ten algún impacto nos resultados: a retirada dos aparellos neurolóxicos é crucial no tratamento destas infeccións.[8]

Novas evidencias epidemiolóxicas asocian os enterococos coa prostatite bacteriana. Os enterococos serían causantes ocasionais desta prostatite, na cal os enterococos formarían un biofilme na próstata (os axentes máis comúns son E. coli, Klebsiella, Proteus e Pseudomonas)[9].

Remove ads

Calidade bacteriolóxica das augas

Nas masas de augas naturais, o nivel aceptable de contaminación bacteriana é moi baixo, e os enterococos poden servir para medilo e nalgúns casos están substituíndo nesa aplicación aos tradicionalmente usados coliformes.[10] En países, como EEUU, en 2004, os Enterococcus substituíron os coliformes fecais como estándar federal para a calidade das augas en praias mariñas, mentres que E. coli é o estándar en praias de auga doce.[11] Isto debeuse a que se cre que proporcionan unha correlación máis alta ca os coliformes fecais con moitos dos patóxenos humanos que se encontran nas augas residuais urbanas.[12]

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads