Lady Bird (filme)

filme de 2017 dirixido por Greta Gerwig From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Lady Bird é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Greta Gerwig. Está protagonizado por Saoirse Ronan, Laurie Metcalf, Tracy Letts, Lucas Hedges, Timothée Chalamet, Beanie Feldstein, Stephen McKinley Henderson e Lois Smith. Ambientado en Sacramento, California, en 2002, é unha historia de crecemento e evolución persoal e a turbulenta relación da protagonista coa súa nai.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Lady Bird estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 1 de setembro de 2017, e foi estreado nos Estados Unidos o 3 de novembro de 2017 por A24. A crítica louvou o guión, a dirección e as interpretacións de Ronan e Metcalf. Tivo unha recadación de máis de $76 millóns sobre un orzamento de $10 millóns.

O filme foi amplamente aclamado pola crítica,[1] e foi escollido polas revistas National Board of Review, o American Film Institute e Time como un dos mellores dez filmes do ano.[2][3][4] Na 90ª edición dos Óscar, tivo cinco nomeamentos nas categorías de mellor filme, mellor actriz (para Ronan), mellor actriz secundaria (para Metcalf), mellor guión orixinal e mellor director. Nos Globos de Ouro, Lady Bird gañou dous premios, mellor película - Comedia ou musical e mellor actriz – comedia ou musical (para Ronan) e foi nomeado a dous máis. Tamén foi nomeado a tres premios BAFTA.

Remove ads

Personaxes

  • Saoirse Ronan como Christine "Lady Bird" McPherson[5]
  • Laurie Metcalf como Marion McPherson
  • Tracy Letts como Larry McPherson
  • Lucas Hedges como Danny O'Neill
  • Timothée Chalamet como Kyle Scheible
  • Beanie Feldstein como Julianne "Julie" Steffans
  • Lois Smith como Irmá Sarah Joan
  • Stephen McKinley Henderson como Padre Leviatch
  • Odeya Rush como Jenna Walton
  • Jordan Rodrigues como Miguel McPherson
  • Marielle Scott como Shelly Yuhan
  • John Karna como Greg Anrue
  • Jake McDorman como Mr. Bruno
  • Bayne Gibby como Casey Kelly
  • Laura Marano como Diana Greenway
  • Marietta DePrima como Miss Patty
  • Daniel Zovatto como Jonah Ruiz
  • Kristen Cloke como Ms. Steffans
  • Andy Buckley como Tío Matthew
  • Kathryn Newton como Darlene Bell
  • Myra Turley como Irmá Gina
  • Bob Stephenson como Padre Walther
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads