Lanosterol

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Lanosterol
Remove ads

O lanosterol é un esteroide do grupo dos esterois (tamén se pode considerar un triterpenoide tetracíclico), do cal derivan todos os esteroides nos animais [1][2]. Nas plantas derivan do esteroide cicloartenol [3]. O lanosterol foi atopado por primeira vez na lanolina da la do ovella, e o seu papel biosintético non se descubriu ata máis tarde. Atópase en grandes cantidades na lanolina, xunto con outros triterpenoides.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Remove ads

Función na ruta de síntese de esteroides

A produción de lanosterol, catalizada encimaticamente, orixina a estrutura cíclica básica dos esteroides. O lanosterol é o primeiro composto ciclado esteroide importante na ruta metabólica de síntese do colesterol, que empeza con moléculas terpénicas liñais e segue ata o escualeno, que se cicla dando lanosterol. A conversión posterior do lanosterol en colesterol implica a eliminación de dous grupos metilo (CH3) no carbono 4 e outro no carbono 14, o desprazamento dun dobre enlace do anel, e a saturación do dobre enlace da cadea lateral.

Thumb
Visión simplificada da ruta de síntese do lanosterol, na que se mostran os intermediarios isopentenil pirofosfato (IPP), dimetilalil pirofosfato (DMAPP), xeranil pirofosfato (GPP), e escualeno. Outros intermediarios foron omitidos.
Remove ads

Biosíntese

DescriciónIlustraciónEncima
Dúas moléculas de farnesil pirofosfato condénsanse con redución polo NADPH para formar escualenoescualeno sintase
O escualeno oxídase a 2,3-oxidoescualeno [4] (escualeno epóxido)Thumbescualeno monooxixenase
O 2,3-oxidoescualeno convértese nun catión protoesterol e finalmente a lanosterol [5]Thumblanosterol sintase
(paso 2)Thumb(paso 2)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads