Lino, papa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lino de Volterra, chamado logo San Lino, nado en Volterra (na Toscana) e finado en Roma no ano 79, foi o segundo papa. Foi o primeiro sucesor de Pedro como bispo de Roma entre os anos 67-79[1]. Naquela altura, o título de papa aínda non fora creado.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Remove ads
Traxectoria
Pouco se sabe de Lino de Volterra e do seu pontificado. A maioría das fontes clásicas sinálano como segundo dos bispos de Roma, se ben nas datas existen fondas diverxencias. O Liber pontificalis dátao entre o ano 56 e o 67, durante o imperio de Nerón, Xerome de Estridón lévao ata 67-78, e Eusebio ata o segundo ano do goberno de Tito (80).
Ireneu de Lión, un autor de finais do século II, identifícao co Lino que menciona Paulo de Tarso na súa segunda carta a Timoteo, e que foi nomeado papa á morte de Pedro, polo tanto no ano 67. O Liber pontificalis (catálogo do século VI) sinala que era orixinario de Volterra, pero non identifica as fontes desa aseveración.
Aínda que como a todos os papas anteriores ao Edicto de Milán a tradición cristiá o considera un santo e mártir (a súa santidade celébrase o 23 de setembro), non existen probas de que fose en verdade asasinado polas súas crenzas.
Remove ads
Parroquias galegas
Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de San Lino.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads