Lucas Cranach o Vello
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Lucas Cranach o Vello (en alemán, Lucas Cranach der Ältere), nado en Kronach en 1472 e finado en Weimar o 16 de outubro de 1553, foi un artista alemán, pintor e deseñador de gravados en xilografía. Foi o pai do tamén pintor Lucas Cranach o Mozo (1515-1586).
Remove ads
Traxectoria
Educación e comezos
Cranach naceu en Kronach, na Alta Franconia, e aprendeu a pintar grazas ao seu pai. Non é posible facer un seguimento dos seus familiares e predecesores.
Descoñécese o obradoiro onde tomou clases de pintura, aínda que se supón que coñeceu o mestre de pintura alemán Matthias Grünewald que lle ofreceu algo de educación. Grünewald traballou en Bamberg e en Aschaffenburg, e Bamberg era a capital da diocese onde vivía Cranach.
A primeira referencia escrita da súa existencia é na cidade alemá de Wittenberg no ano 1504, cando o príncipe do lugar lle deu un certo salario polo seu traballo. Sábese ademais que posuía unha casa en Gotha e que Barbara Brengebier foi a súa esposa.
Carreira
A primeira evidencia dos traballos artísticos de Lucas Cranach provén dunha pintura datada en 1504. Nesa época abordou diversas tarefas: decoración de interiores, pinturas de altar e retratos, deseños para gravados en madeira (xilografía) e en placas de bronce. Nos seus primeiros anos tivo emprego de oficial dedicado a pintar as paredes dos palacios de Coburgo e Locha, debido en parte á sona que tiña de meticuloso e de realista. Os motivos pintados eran escenas de caza e pastorís.
Antes de 1508 chegou a pintar diversas pezas de altar para o castelo de Wittenberg competindo cos seus contemporáneos Alberto Durero, Hans Burgkmair e outros; o duque e o seu irmán Xoán foron retratados por el en diversas ocasións tanto en pintura como en xilografías. A gran reputación lograda por Cranach fixo que en 1509 viaxase a Holanda ao servizo do emperador Maximiliano I e de Carlos V. Ata 1508 Cranach non comezou a asinar as súas obras, e cando o facía puña as súas iniciais e debuxaba unha serpe alada como anagrama (Kleinodo).
Nesas datas Cranach realizou unha xilografía de Venus e Cupido, actualmente no Museo Británico, e tamén a súa coñecida Venus e Cupido (1509), a tamaño natural, en que combina a influencia do renacemento italiano coa relixión e a moral do humanismo alemán, sendo a primeira pintura de Venus espida realizada por un artista do norte de Europa.[1][2] Esta obra é a primeira de numerosas realizadas por Cranach con Venus como protagonista, moitas veces acompañada de Cupido.[3][4][5]

Algún tempo despois o duque concedeulle o monopolio das salas de medicina da cidade de Wittenberg, e deulle a concesión e o privilexio da edición de Biblias. As prensas de Cranach foron usadas por Martiño Lutero. O seu establecemento de farmacia permaneceu aberto durante séculos e só foi suspendido por mor dun incendio acontecido en 1871.
A especialidade de Lucas Cranach o Vello foron os retratos, as escenas relixiosas de mediano formato aptas para domicilios particulares e, sobre todo, os temas de mitoloxía que daban pé a incluír espidos femininos. Cranach impuxo na arte un canon feminino moi peculiar, estilizado e de aspecto xuvenil, con ollos en forma de améndoa, seos miúdos e pernas longas.
Cranach o Vello organizou un activo obradoiro, onde se realizaron múltiples pinturas relixiosas e mitolóxicas que repetían uns modelos fixos con lixeiras variantes. O anagrama da serpe alada incluíase en todas elas, máis como selo do taller que como garantía de autoría. Os dous fillos de Cranach, Lucas Cranach o Mozo e Hans Cranach (falecido prematuramente), colaboraron no obradoiro. En sinal de loito pola morte de Hans en 1537, o anagrama familiar modificouse, dispondo as ás da serpe cara a abaixo. Iso supón unha pista cronolóxica que permite diferenciar as obras realizadas antes e despois de tal data.
As obras de maior calidade da familia Cranach son as da primeira época, especialmente as anteriores aos anos en que ambos os fillos empezaron a colaborar. As de 1508-20 son relativamente escasas no mercado e acadan altos prezos. Aínda que Cranach o Vello foi moi prolífico, mantivo un nivel de calidade alto, cunha execución moi esmerada que requiría múltiples capas de pintura ao óleo aplicadas en finas veladuras. A partir da masificación do traballo no taller, as obras delatan unha execución máis esquemática, unha cor menos variada e un debuxo de contornos máis rectos.
Defensa do luteranismo e exilio

Dunha fe relixiosa inicialmente católica, Cranach o Vello pasou a apoiar ferventemente o luteranismo, promovendo cos seus retratos e gravados a fama internacional de Martín Lutero e Philipp Melanchthon. Nalgúns gravados, Cranach pareceu ridiculizar o papa e a Casa de Habsburgo. Por mor da derrota das tropas protestantes ante Carlos V na batalla de Mühlberg (1547), o elector Xoán Federico I de Saxonia foi apresado e enviado ao exilio a Weimar, e Cranach acompañouno. En tales circunstancias o pintor faleceu no ano 1553.
Remove ads
Controversia en 2008
Un espido feminino que representa unha Venus, que porta unha gargantilla e se cobre só cunha gasa transparente que leva nunha man, foi rexeitado pola compañía que administra o metro de Londres, porque podería ferir e ofender a sensibilidade dos usuarios do metro, especialmente os de cultura non europea pouco afeitos ás representacións de espidos. A pintura ía servir para anunciar a próxima exposición dedicada ao pintor renacentista alemán na Royal Academy. A exposición celebrouse do 8 de marzo ao 8 de xuño de 2008.[6]
Remove ads
Obras
Lucas Cranach e o seu equipo elaboraron preto de 5000 obras de arte, das cales só se conservan unhas mil. O número total de obras é descoñecido, xa que non se emprendeu ningunha investigación para contalas.
Pinturas
Retratos
- Duque Henrique o Pío, 1514
- Catarina de Mecklenburg, 1514
- Sibila, 1530s
- Emilia, c. 1535
- Retrato dun príncipe saxón (posiblemente marido de Isabel de Hesse), c. 1517
- Retrato dunha princesa saxoa (posiblemente a nora de Xurxo de Saxonia, Isabel de Hesse), c. 1517
- Xoán Federico I, 1531
- Sibila de Cleves, esposa de Xoán Federico I, 1526
- Johannes Cuspinian, 1502
- Esposa de Johannes Cuspinian, 1502
- Lukas Spielhausen, 1532, Metropolitan Museum of Art
- Retrato dun home, 1510, Gemäldegalerie, Berlín
Relixión, mitoloxía, alegorías
- O martirio de Santa Bárbara, 1510, Metropolitan Museum of Art
- Dorotea, c. 1530
- Xudit coa cabeza de Holofernes, 1530
- Loita de Sansón co león, 1525
- Filis e Aristóteles, 1530
- Xustiza, 1537
- Amantes, Fundación Bemberg, Toulouse
- Eva, Museo Nacional, Wrocław
- A ninfa da fonte (Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid).
- Venus espida empregada como propaganda nun cartel e censurada.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads