Marco Simoncelli

From Wikipedia, the free encyclopedia

Marco Simoncelli
Remove ads

Marco Simoncelli, nado o 20 de xaneiro de 1987 en Cattolica (Italia) e finado o 23 de outubro de 2011 en Sepang (Malaisia), foi un piloto de motociclismo italiano. Pilotaba unha Honda do equipo San Carlo Honda Gresini Team no Campionato Mundial de Motociclismo de Velocidade de MotoGP, ata o momento do seu falecemento, no Circuíto de Sepang, en Malaisia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Con Honda en Laguna Seca en 2010.

Gañou o campionato de Europa de 125cc en 2002, facendo tamén 6 aparicións no campionato do mundo de 125cc. O seguinte ano competiu en todas as carreiras de 125cc. O seu mellor posto ese ano foi un 4º posto no Gran Premio de Valencia, acabando o campionato en 21º posición con 31 puntos. En 2004 seguiu en 125cc, conseguindo a súa primeira vitoria no Gran Premio de España, con choiva. En 2005 gañou outra vez en Xerez, esta vez con tempo seco.

En 2006, trasladouse ao campionato de 250cc co equipo Gilera. O seu mellor resultado ese ano foi un 6º posto na China. Acabou 10º no campionato. En 2007 continuou co mesmo equipo, acabando outra vez 10º o campionato. O 1 de xuño de 2008, no Gran Premio de Italia disputado no Circuíto de Mugello, conseguiu a súa primeira vitoria en 250cc en controvertidas circunstancias. Cando faltaba unha volta para o final, tocouse con Héctor Barberá, facendo que este se caese. O 8 de xuño conseguiu outra vitoria no Gran Premio de Cataluña adiantando a Álvaro Bautista na última volta. Na penúltima proba de 2008, en Malaisia, Simoncelli acabou 3º, proclamándose campión do mundo de 250cc[1] e pasando a ser desde a tempada 2010 piloto de MotoGP.[2]

Remove ads

Falecemento

O 23 de outubro de 2011 no circuíto de Sepang, sufriu unha caída tras a que, aínda aferrado á súa montura, foi atropelado por Colin Edwards e Valentino Rossi dun modo tan brutal que ata o seu casco saíu despedido. O piloto italiano sufriu traumatismos moi graves na cabeza, pescozo e peito, o que lle produciu un paro cardíaco. Os médicos da clínica do circuíto estiveron 45 minutos intentando reanimar ao piloto pero finalmente declarouse a súa morte ás 16:56 hora local.[3]

Remove ads

Fundación

En decembro de 2011 construíuse oficialmente a "Marco Simoncelli Fondazione"[4] grazas ao impulso da súa familia, que encargarase de xestionala, asistidos por quen foi seu representante, Carlo Pernat e o periodista e amigo Paolo Beltrano. Terá como finalidade, en palabras de Paolo Simoncelli, pai de Marco:

A premisa básica é o soño de manter vivo o recordo de Marco para que poida contribuír a aliviar o sufrimento daqueles que están en peor situación que nós.

Estatísticas

Por tempada

Máis información Tempada, Categoría ...

Carreiras por ano

Máis información Ano, Cat. ...

Lenda: A letra grosa indica pole position.

Máis información Cor, Resultado ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads