Mesoplodon ginkgodens
Especie de mamífero mariño From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Mesoplodon ginkgodens, coñecido na bibliografía internacional, entre outios, cos nomes de zifio de Ginkgo e zifio xaponés, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[3]
Antigamente identificada como outras especies do xénero, distribúese en augas tropicalis e temperadas dos océanos Índico e Pacífico.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1958 polos ictiólogos xaponeses M. Nishiwaki e T. Kamiyano seu traballo "A beaked whale Mesoplodon stranded at Oiso Beach, Japan". The Scientific Reports of the Whales Research Institute, Tokyo 13: 53-83.[2]
Etimoloxías
Para a do xénero, ver Mesoplodon.
O epíteto específico, ginkgodens, foi outorgado polos científicos que describiron a especie, que relacionaron a forma dos dosu únicos dentes que posúe (presentes soamente na mandíbula dos machos), coa forma das follas da árbore Ginkgo biloba xaponés, coa adición do nome latino dens, "dente". Literalmente, "o de dentes de ginkgo".[4]
Sinónimos
Adenias de polo nome actualmente válido, a especie coñeceus tamén polos sinónimos.[2]
- Mesoplodon bidens Nishiwaki, 1957 (identificación errónea)
- Mesoplodon densirostris Ogawa, 1938 (identificación errónea)
- Mesoplodon hotaula Deraniyagala, 1963.[5]
Remove ads
Características
As principais características de Mesoplodon ginkgodens son:[6][7][8][9]
- É un zifio de tamaño mediano. O seu corpo é fusiforme, coa parte máis ancha contra o medio deste.
- A coloración pode ser parda escura, gris escura ou negra. As femias e os xuvenís presentan a parte ventral máis clara. Os machos adultos adoitan seren de cor gris escura, con áreas lixeiramente máis claras cara ao fociño e cunha mancha pálida máis notoria á altura da garganta.
- Os adultos mostran manchas brancas nas partes posterior e ventral, probabelmente produicidas pos peixes parasitos, como as lampreas.
- O fociño é alogado e a fronte pouco evidente. O melón é pequeno a arredondado. Presenta dous sucos na garganta.
- Os machos presentan dous dentes, un a cada lado da mandíbula, situados a dous terzos da lonxitude da boca.
- Nos machos a comisura da boca cúrvase abruptamente na metade posterior do fociño, rematando nunha liña recta. Pódese observar que só as puntas dos dentes sobresaen da enxiva.
- A aletas son anchas en relación ao corpo, que está deprimido lateralmente contra a aleta caudal.
- O rostrum e a mandíbula forman un bico que non se distingue da lixeira inclinación que presenta a fronte.
Remove ads
Especies similares
Mesoplodon densirostris ten máis pronunciada a comisura da boca, cun claro arco. Mesoplodon peruvianus é máis pequeno e ten o corpo máis pálido. Ademais, ambas as especies presentan o corpo cuberto con numerosas ou poucas manchas e raias pálidas.[10]
Distribución e hábitat
Distribución
Esta especie coñécese tan só a partir dunhas poucas ducias de varamentos e capturas amplamente dispersos (sen avistamentos confirmados) en augas temperadas e tropicais dos océanos Índico e Pacífico, desde Sri Lanka ao leste até as costas de América do Norte (California) e as illas Galápagos.[11][8] Hai tamén algúns rexistros en Nova Zelandia e Australia, o que indica que tamén habita no sur do Pacífico. A maioría dos rexistros proveñen dos mares do Xapón. Tamén houbo avistamentos do que puido ser esta especie no mar Arábigo. En xeral, plantéxae a hipótese de que a súa área de distribución é continua no Pacífico e, polo menos, até o leste do Índico, pero até que a especie poida identificarse de maneira confiábel no mar, a súa verdadeira distribución probabelmente seguirá sendo descoñecida.[12]
Hábitat
Mesoplodon densirostris encóntrase nas augas tropicais e temperadas da rexión Indo-Pacífica. Ao igual que outras especies do xénero, crese que se atopa principalmente en augas profundas de mar aberto.[1]
Remove ads
Bioloxía
A diferenza de todos os demais membros coñecidos dos zifíidos, non hai evidencias de que os machos teñan comportamentos agresivos e participen en combates, xa que non presenta marcas ou cicatrices no corpo produto de pelexas,[9] aínda que isto pode deberse a un tamaño de mostra limitado. Probabelmente aliméntase principalmente de luras, pero tamén pode capturar algúns peixes.[1][13] Non se coñecen outras informacións.
Remove ads
Ameazas
Estes zifios foron capturados ocasionalmente por baleeiros xaponeses e taiwaneses, dos que algúns foron enmallados en redes de deriva en augas profundas. Esta especie, ao igual que outros zifios, é probábel que sexa vulnerábel a ruídos antropoxénicos fortes, como os xerados polos sónares da Mariña e polas exploracións sísmicas.[14] O uso do sonar activo desde embarcacións militares relacionouse con varamientos masivos deste zifio.[15][16]
A evidencia de individuos varados de varias especies similares indica que tragaron artigos de plástico desbotados, o que eventualmente pode conducir á morte,[17] polo que esta especie tamén pode estar en risco.
Os impactos previstos do cambio climático global no medio mariño poden afectar a esta especie, aínda que a natureza dos impactos non está clara.[18]
Remove ads
Estado de conservación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que non hai información sobre a abundancia ou as tendencias da poboaciónen desta especie pero, como especie relativamente pouco común, é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel, e non se pode descartar unha redución global do 30 % en tres xeracións, cualifica o seu status como DD (datos insuficientes).[1]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads