Mesoplodon perrini
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Mesoplodon perrini, coñecido na bibliografía internacional co nome de zifio de Perrin, é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,[2][3] unha das quince integradas hoxe no xénero Mesoplodon.[4]
É a especie de zifio máis recentemente descrita. Espécimes varados en 1975 nas costas de California foron identificadas inicialmente como Mesoplodon hectori. Estudos posteriores de ADN demostraron que correspondían a unha nova especie, describíndose no ano 2002.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita, como quedou dito, en 2002, polo zoólogo e biólogo mariño australiano Merel L. Dalebout e colaboradores.[2][3][5]
Etimoloxías
Para a do xénero ve Mesoplodon.
O epíteto específico, perrini, é unha homenaxe que os descritores dedicaron ao cetólogo William F. Perrin.
Sinónimo
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Mesoplodon hectori Mead, 1981 (identificación errónea)
Remove ads
Características
A combinación de pequeno tamaño, aparencia e coloración, fai pouco probábel unha confusión. Os espécimes varados puideron ser identificados pola súa secuencia de ADN e/ou detalles anatómicos do cranio. Os machos adultos miden uns 4 m de lonxitude, e as femias uns 4,5.[5]
Distribución e poboación
Até agora só se encontraron algúns espécimes na costa de California, entre San Diego e Monterey. Non existen estimacións da súa poboación nin o seu estado de conservación.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads