Mike Bibby
baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Michael "Mike" Bibby, nado o 13 de maio de 1978 en Cherry Hill, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre. É un base que foi ao Shadow Mountain High School en Phoenix (Arizona) e despois xogou cos Wildcats da Universidade de Arizona. En 1998, foi elixido no Draft polos Vancouver Grizzlies. Xogou, ademais dos Grizzlies, cos Sacramento Kings, Atlanta Hawks, Washington Wizards e Miami Heat.
Remove ads
Universidade
Coma freshman en Arizona, Bibby liderou aos Wildcats ao campionato da NCAA en 1997,[1] anotando 20 puntos no partido polo título contra Kentucky. Despois da súa tempada coma sophomore, Bibby entrou no Draft da NBA de 1998 e foi elixido polos Memphis Grizzlies na 2ª posición.[2]
NBA
Vancouver Grizzlies
Na súa primeira tempada cos Grizzlies, Bibby acadou 13.2 puntos, 6.5 asistencias e 2.7 rebotes por partido, sendo así incluído no primeiro equipo de rookies da NBA, na tempada do lockout. Mellorou eses números nas seguintes dúas tempadas co equipo, facendo 14.5 e 15.9 puntos por partido respectivamente,[3] pero os Grizzlies seguían con dificultades. O 27 de xuño de 2001, xusto antes de que os Grizzlies se marcharan a Memphis, Bibby e Brent Price foron traspasados aos Sacramento Kings a cambio de Jason Williams e Nick Anderson.[4]
Sacramento Kings
Na tempada 2001-02, Bibby guiou aos Kings ás Finais da Conferencia Oeste, onde perderon contra Los Angeles Lakers.[5] A actuación de Bibby nas series, quizais o máis memorable foi o seu lanzamento gañador no 5º partido, deulle a reputación de xogador forte e loitador, e coma premio, asinou un contrato por 7 anos con valor de 80.5 millóns de dólares.[6]
Na tempada 2002-03, Bibby foi castigado polas lesións, xogando só en 55 partidos, pero aínda así acadou 15.9 puntos por partido, e os Kings obtiveron unha marca de 59-23, e conseguiron a segunda praza no Oeste.[7] Na tempada 2003-04, Bibby acadou uns dos mellores números da súa carreira, anotando 1.506 puntos (18.4 por partido) e axudando aos Kings a chegar aos Playoffs.[8] Bibby axudou aos Kings a gañar aos Dallas Mavericks na primeira rolda, anotando 36 puntos, a súa mellor marca de anotación nos playoffs, no 5º partido.[9]
Atlanta Hawks
O 16 de febreiro de 2008, os Atlanta Hawks obtiveron a Bibby a cambio de Shelden Williams, Anthony Johnson, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha elección da segunda rolda do Draft da NBA de 2008.[10][11]
A pesar das lesións que tivo, Bibby fixo 14.1 puntos e 6.6 asistencias por partido, traballando cun ataque pouco familiar, para liderar aos Hawks a xogar os seus primeiros Playoffs en case dez anos.
O 7 de xullo de 2009, Bibby e os Hawks acordaron un contrato por 3 anos cun valor de 18 millóns de dólares.
Washington Wizards
O 23 de febreiro de 2011, Atlanta traspasou a Bibby aos Washington Wizards, xunto con Jordan Crawford, Maurice Evans e unha elección da primeira rolda do Draft de 2011, a cambio de Kirk Hinrich e Hilton Armstrong.[12] O 28 de febreiro de 2011, Bibby acordou o fin de seu contrato, onde el mesmo pagaría o salario de 6.2 millóns do seu último ano, e foise dos Wizards.[13][14] Xogou tan só dous partidos co equipo.
Miami Heat
O 2 de marzo de 2011, os Miami Heat ficharon a Bibby, tras cortar a Carlos Arroyo para facerlle oco no equipo.[15]
New York Knicks
O 11 de decembro de 2011, asinou un contrato cos New York Knicks.[16]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads