Morcego rateiro mediano

From Wikipedia, the free encyclopedia

Morcego rateiro mediano
Remove ads

O morcego rateiro mediano (Myotis blythii) é unha especie de quiróptero da familia Vespertilionidae. Confúndeselle habitualmente coas especies Myotis myotis e Myotis punicus, aínda que é máis esvelto e cun fociño máis fino. Unha mancha branca no pelame frontal tamén axuda a diferencialo.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Distribución

Habita dende Portugal en todas as penínsulas mediterráneas europeas. Tamén no sur e o centro de Francia, en Suíza, conca do Danubio, sur de Ucraína, até o norte da India e Manchuria ao leste.

Hábitat

É unha especie típica de estepas e pradarías, que se espallaou usando os prados de sega e pasteiros artificiais. Emprega como refuxios cavidades subterráneas e en menor medida faiados de edificios, sotos e búnkers. En época de cría forman grandes colonias, que se disgregan a finais de agosto, sendo semellante aos costumes de M. myotis. Aliméntase de ortópteros e saltóns, pousados nos talos altos, tamén sobre as árbores e nas follas destes.

Remove ads

Ameazas

Especialmente as derivadas da destrución ou molestias en refuxios, xa sexa por intrusión de persoas ou restauración de edificios; ao criar en grandes colonias a mortalidade, por mala xestión de accesos aos seus refuxios, sobre todo de cría, é habitualmente moi elevada.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads