Resistencia múltiple a fármacos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads
Remove ads

A resistencia múltiple a fármacos ou resistencia a multifármacos (ou multidrogas, MDR), ou multirresistencia é a resistencia que presenta unha especie de microorganismo a múltiples fármacos antimicrobianos. Os tipos máis perigosos para a saúde pública destes microorganismos son as bacterias multirresistentes (MDR) que resisten a múltiples antibióticos; outros tipos son os virus, fungos e parasitos multirresistentes (que resisten a múltiples fármacos antifúnxicos, antivirais e antiparásitos dunha ampla variedade química).[1] No recoñecemento de graos diferentes de multirresistencia a fármacos, introducíronse os termos extensamente resistente a fármacos (ou drogas, XDR) e resistente a panfármacos (ou pandrogas, PDR). As definicións foron publicadas en 2011 na revista científica Clinical Microbiology and Infection.[2]

Remove ads

Organismos resistentes a multifármacos comúns

Os organismos resistentes a multifármacos comúns son xeralmente bacterias:

Un grupo de bacterias grampositivas e gramnegativas de especial importancia recente foron denominadas grupo ESKAPE (iniciais de Enterococcus faecium, Staphylococcus aureus, Klebsiella pneumoniae, Acinetobacter baumannii, Pseudomonas aeruginosa e Enterobacter).[3]

  • Bacterias causantes de tuberculose resistente a multifármacos.
Remove ads

Resistencia bacteriana a antibióticos

Artigo principal: Resistencia a antibióticos.

Varios microorganismos sobreviviron durante miles de anos pola súa capacidade de adaptarse a axentes antimicrobianos. Fan isto por medio de mutacións espontáneas ou por transferencia de ADN. Este proceso permite que algunhas bacterias se opoñan á acción de certos antibióticos, facendo que os antibióticos non sexan efectivos.[4] Estes microorganismos empregan varios mecanismos para adquirir a súa resistencia a multifármacos:

Moitas bacterias mostran agora resistencia a multifármacos, entre eles os estafilococos, enterococos, gonococos, estreptococos, salmonela, e numerosas outras bacterias gramnegativas e Mycobacterium tuberculosis. As bacterias resistentes a antibióticos poden transferir copias de ADN que codifican un mecanismo de resistencia a outras bacterias incluso se están distantemente relacionadas, as cales despois poden tamén pasar os xenes de resistencia e así prodúcense xeracións de bacterias resistentes a antibióticos.[7] Este proceso denomínase transferencia horizontal de xenes.

Remove ads

Reistencia antifúnxica

As infeccións por Scedosporium prolificans son case uniformemente mortais debido á súa resistencia a múltiples axentes antifúnxicos.[8] Lévedos como especies de Candida poden facerse resistentes en tratamentos a longo prazo con preparacións de azol, polo que requiren un tratamento cun fármaco diferente.

Resistencia antiviral

O VIH é o principal exemplo de virus multirresistente a axentres antivirais, xa que muta rapidamente con monoterapias. O virus da influenza está facéndose cada vez máis multirresistente; primeiro á amantadenes, despois a inhibidores da neuraminidase como oseltamivir, (2008-2009: 98,5% dos virus Influenza A probados eran resistentes), tamén máis comúns en persoas con sistemas inmunitarios débiles. O citomegalovirus pode facerse resistente ao ganciclovir e foscarnet en tratamento, especialmente en pacientes inmunosuprimidos. O virus Herpes simplex raramente se fai resistente a preparacións de aciclovir, principalmente en forma de resistencia cruzada ao famciclovir e valaciclovir, xeralmente en pacientes inmunosuprimidos.

Remove ads

Resistencia a axentes antiparasitarios

O principal exemplo de parasito resistente a fármacos antiparasitarios é o plasmodio da malaria. Plasmodium vivax fíxose resistente á cloroquina e á sulfadoxina-pirimetamina hai unhas décadas, e en 2012 apareceu un Plasmodium falciparum resistente á artemisinina no oeste de Camboxa e oeste de Tailandia. Toxoplasma gondii pode tamén ser resistente á artemisinina, e tamén á atovaquona e sulfadiazina, pero a maioría das cepas non son multirresistentes.[9] A resistencia dos vermes parasitos a antihelmínticos aparece con frecuencia na literatura veterinaria, por exemplo en relación coa práctica da desparasitación con fármacos do gando,[10] que recentemente foi regulada pola FDA norteamericana.

Remove ads

Prevención da aparición de resistencia antimicrobiana

Para limitar o desenvolvemento de resistencia a antimicrobianos, suxeriuse o seguinte:

  • Usar os antimicrobianos apropiados para unha infección; por exemplo non usar antibióticos contra infeccións virais.
  • Identificar o organismo causante sempre que sexa posible.
  • Seleccionar o antimicrobiano que afecta ao organismo específico, en vez de utilizar un antimicrobiano de amplo espectro.
  • Tratamento antimicrobino completo e coa duración axeitada (non demasiado curto e non demasiado longo).
  • Uso da dose correcta para a erradicación; as doses subterapéuticas están asociadas coa xeración de resistencia, como se demostra na cría de animais para a alimentación.

A comunidade médica confía en instruír aos pacientes, e na autorregulación apelando a unha xestión da administración de antimicrobianos voluntaria, que en hospitais pode consistir nun programa de administración dos mesmos. Son importantes as campañas de concienciación e información sobre a importancia do uso restritivo dos antibióticos para o uso clínico humano, pero a diferenza dos narcóticos, non hai regulación suficiente para o seu uso en ningunha parte do mundo actualmente. O uso de antibióticos foi restrinxido e regulado para o tratamento de animais criados para o consumo humano con éxito en países como Dinamarca.

A prevención de infeccións é a estratexia máis efectiva para a unha infección con organismos multirresistentes nun hospital, porque hai poucas alternativas aos antibióticos no caso dunha infección extensivamente resistente ou panresistente; se unha infección está localizada, a extirpación da zona pode ser unha opción (con microorganismos multirresistentes da tuberculose nos pulmóns, por exemplo), pero no caso dunha infección sistémica só son posibles medidas xenéricas como impulsar o sistema inmunitario con inmunoglobulinas. O uso de bacteriófagos (virus que matan bacterias) non ten unha aplicación clínica significativa actualmente.

Cómpre desenvolver novos antibióticos, xa que a selección de bacterias resistentes non se poderá impedir totalmente. Isto significa que con cada aplicación de antibióticos específicos, poténciase a supervivencia dunhas poucas bacterias, que xa adquiriron xenes de resistencia contra a substancia, e a poboación de bacterias preocupantes aumenta. Xa que logo, o xene de resistencia espállase aínda máis no organismo e no ambiente, e unha maior porcentaxe das bacterias xa non responderá á terapia con este antibiótico específico.

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads