Enterococcus faecium
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Enterococcus faecium é unha especie bacteriana grampositiva, alfa-hemolítica ou non hemolítica do xénero Enterococcus.[1] Pode ser un comensal inocuo que vive no intestino humano, pero pode tamén ser patóxena, causando doenzas como a meninxite neonatal ou endocardite.
Hai cepas resistentes á vancomicina. Os E. faecium resistentes á vancomicina coñécense coas siglas VRE (do inglés).[2]
Algunhas cepas de E. faecium utilízanse como probióticos tanto en animais [3] coma en humanos.[4]
Remove ads
Secuencia xenómica
Os xenomas que figuran a continuación proceden da páxina web Integrated Microbial Genomes.
Algúns dos 22 xenomas secuenciados de Enterococcus faecium
Tratamento
O antibiótico linezolid ou a daptomicina utilízanse para tratar infeccións por VRE. As estreptograminas, como quinupristina/dalfopristina, poden tamén usarse para tratar infeccións por VREs. Tamén se poden tratar con sultamicilina.[5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads