O prezo do poder

filme de 1983 dirixido por Brian De Palma From Wikipedia, the free encyclopedia

O prezo do poder
Remove ads

O prezo do poder (en inglés: Scarface) é un filme policial estadounidense de 1983 dirixido por Brian De Palma con guión de Oliver Stone[1], un remake do filme do filme Scarface de 1932[2]. A película conta a historia do refuxiado cubano Tony Montana (Al Pacino), que chega en 1980 a Miami sen nada, e sobe ata converterse nun poderoso patrón da droga. No elenco tamén participaron Mary Elizabeth Mastrantonio, Steven Bauer e Michelle Pfeiffer. A estrea foi o 1 de decembro de 1983 en Nova York e o 9 de decembro de 1983 lanzouse comercialmente nos Estados Unidos.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Remove ads

Argumento

Thumb
Graffiti coa imaxe Al Pacino caracterizado como Tony Montana

En 1980 o refuxiado cubano e ex-convicto Antonio "Tony" Montana chega a Miami, como parte do éxodo do Mariela. Vai parar a un campo de refuxiados cos seus mellores amigos, Manny Ribera, Ángel e Chi-Chi. Conseguen saír e a promesa de lograr o permiso de residencia por asasinar un ex-alto cargo do goberno cubano a petición dun dos maiores traficantes de drogas, Frank López. Traballan como lavapratos nun posto de comidas, a contragusto de Tony que afirma que el está para cousas máis grandes.

Omar Suárez, a man dereita de Frank, encárgalles un traballo, mercar cocaína dos traficantes colombianos, pero o negocio vai mal. Os colombianos desmembran a Angel cunha motoserra, mentres Manny e Chi-Chi rescatan a Tony e matan os traficantes. Sospeitando que Omar está involucrado, Tony e Manny insisten en entregar persoalmente as drogas e os cartos a Frank. Durante areunión, Tony séntese atraído pola muller de Frank, Elvira Hancock.

Remove ads

Elenco

Thumb
Michelle Pfeiffer era unha actriz descoñecida cando rodou Scarface, e tanto Al Pacino como o director Brian De Palma, inicialmente, estaban en contra da súa escolla como protagonista.
  • Al Pacino - Tony Montana
  • Steven Bauer - Manny Rivera
  • Michelle Pfeiffer - Elvira Hancock
  • Mary Elizabeth Mastrantonio - Gina Montana
  • Robert Loggia - Frank Lopez
  • F. Murray Abraham - Omar Suárez
  • Harris Yulin - Mel Bernstein
  • Paul Shenar - Alejandro Sosa
  • Ángel Salazar - Chi Chi
  • Pepe Serna - Angel Fernandez
  • Miriam Colón - Georgina Montana
  • Al Israel - Héctor o Sapo
  • Michael Alldredge - George Sheffield
  • Mark Margolis - Alberto a Sombra
  • Geno Silva - The Skull
Remove ads

Produción

Desenvolvemento

Thumb
Oliver Stone (1987) escribiu o guión para Scarface mentres loitaba contra a súa adicción á cocaína.

Scarface comezou a desenvolverse despois de Al Pacino ver o filme Scarface (1932) nos Ánxeles. Chamou ao seu produtor Martin Bregman, e informoulle que cría que un remake da película podería ter éxito[3]. Pacino orixinalmente quería manter o período histórico da trama, pero entendía que por mor da súa natureza melodramática sería difícil de realizar. Sidney Lumet foi ao primeiro que contactaron coa idea de dirixir o filme, desenvolvendo a idea de Montana, un cubano acabado de chegar aos Estados Unidos no éxodo do Mariela[3].

As diferenzas creativas entre Bregman e mais Lumet fixeron que este último deixase o proxecto. Lumet quería facer un historia máis política, centrada en culpar de favorecer o fluxo de cocaína á administración presidencial da época, e Bregman discordaba[4]. Bregman substituíuno por Brian De Palma e contratou o escritor Oliver Stone para escribir o guión, este concebiuno mentres loitaba contra a súa propia adicción á cocaína[5]. Stone e Bregman realizaron a súa propia investigación, viaxando a Miami, onde tiveron acceso aos rexistros da oficina do fiscal e unidade contra o crime da policía[4]. Stone trasladouse a París para escribir o guión, na crenza que non podería desngancharse mentres estivese no país, logrando deixar a droga [5].

O elenco

Pacino insistiu en facer o papel principal, o de Tony Montana, aínda que tamén llo ofreceran a Robert De Niro pero non aceptou [3]. Pacino traballou con expertos en loita con coitelo, adestradores físicos e co boxeador Roberto Durán para lograr o tipo de corpo que quería para o papel. Durán tamén axudou na inspiración do personaxe, que tiña "un certo león dentro", segundo Pacino. O personaxe de Sophie que realizou Meryl Streep en Sophie's Choice (1982) tamén influenciou o personaxe. Bauer e un experto en dialectoloxía axudárono na aprendizaxe do español cubano e da súa pronuncia[6].

Pfeiffer era unha actriz descoñecida daquela e tanto Pacino como De Palma argumentaron contra da súa elección pero Bregman defendeuna[3]. Glenn Close era a opción orixinal para o papel, aínda que tamén se consideraron outras alternativas como Geena Davis, Carrie Fisher, Kelly McGillis, Sharon Stone e Sigourney Weaver[7].

Bauer logrou o seu papel sen audición. Durante o proceso de selección o director de repartición Alixe Gordin viu a Bauer e inmediatamente se deu de conta que era o indicado para o papel de Manny, un xuízo co que concordaron De Palma e Bregman. Foi o único cubano real entre os actores principais. Mais así a todo tamén se considerou a John Travolta para o papel[3].

Rodaxe

Thumb
Mansión El Fureidis en Montecito, preto de Santa Bárbara

Mentres ensaiaba para un tiroteo Al Pacino mancouse e estivo fóra da rodaxe durante dúas semanas. A escena do tiroteo inclúe un plano rodado por Steven Spielberg, de visita durante a rodaxe. Mentres se realizaba o filme algúns cubano-estadounidenses obxectaron que a súa comunidade aparecía retratada como criminais e interpretados por actores non cubano-americanos. Para contrarrestar esta situación, a película presenta unha declaración nos créditos afirmando que os personaxes da película non representaban á comunidade cubano-estadounidense.

Non obstante o filme estar ambientado en Miami, a rodaxe realizouse na súa maior parte nos Ánxeles, ao negar a Miami Tourist Board os permisos para rodar na cidade por pensar que podería afectar o turismo por canto se retrataba a cidade como un paraíso das drogas e das bandas. A gran mansión de Tony gravouse en El Fureidis, de estilo romano situada en Montecito (California).

A rodaxe durou 24 semanas, do 22 de novembro de 1982 ao 6 de maio de 1983.[8][9] Ken Pepiot e Stan Parks realizaron os efectos especiais.[10]

Cualificación

Scarface recibiu[11] a cualificación X en Norteamérica tres veces por extrema violencia, linguaxe ofensiva (emprégase ao longo do filme fuck (carallo) 207 veces[12]) e uso de drogas duras. Esa cualificación, asociada coa pornografía limitaba o número de cinemas onde se exhibiría, e restrinxía a publicidade promocional, o que potencialmente podía prexudicar a recadación. A causa da cualificación era unha das escenas iniciais, onde se desmembraba a Angel. De Palma editou a escena e volveulle enviar a película á Motion Picture Association of America (MPAA) mais outra volta recibiu o X. Recurtou máis esa escena sen éxito. Universal optou por apelar a decisión da MPAA e finalmente a cualificación mudouse á menos restritiva cualificación R [13].

Remove ads

Recepción

Ao primeiro o filme tivo críticas negativas[3], e houbo controversias sobre a violencia e a linguaxe sexualmente explícita do filme[14]. The New York Magazine definiuna como unha película de serie B baleira, fachendosa e excesiva[15]. Houbo na época críticas positivas como a de Roger Ebert que lle deu catro estrelas de catro e máis tarde engadiuna á súa lista de grandes películas.[16] A crítica contemporánea é radicalmente diferente na súa interpretación, así Rotten Tomatoes dálle un 83% baseado en 65 críticas [17] e en Metacritic logra unha puntuación de 65/100.

Recadación

A estrea comercial do filme en Norteamérica foi o 9 de decembro de 1983, na súa primeira fin de semena de exhibición logrou 4.500.000 de dólares en 996 cines, unha media de 4616 dólares por cine, o segundo filme desa fin de semana por tras de Sudden Impact (9.600.000). Recadou 45.400.000 en Norteamérica e 20.400.000 noutros mercados, converténdose no 16º filme dese ano por recadación e o sétimo da cualificación R.[18]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads