Onofre Marimón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Onofre Agustín Marimón, nado en Zárate (Provincia de Buenos Aires) o 23 de decembro de 1923 e finado o 31 de xullo de 1954, foi un piloto de carreiras arxentino. Foi a primeira vítima mortal da Fórmula Un da historia.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Remove ads
Traxectoria
Participou en 11 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 1 de xullo de 1951. Logrou 2 podios, e anotou un total de 8 1⁄7 puntos no campionato.
Marimón morreu o 31 de xullo de 1954 durante a práctica para o Gran Premio de Alemaña de 1954, converténdose no primeiro piloto en resultar mortalmente ferido nun Gran Premio do Campionato do Mundo que non foran as 500 Millas de Indianápolis.
O Maserati de Marimón saíuse da pista de Nürburgring na curva Breidscheid cerca da ponte Adenauer logo de perder o control cando intentaba mellorar o seu tempo de cualificación. Morreu no fondo dun barranco. Na baixada de Adenauer ía rápido, pero non logrou negociar unha curva brusca na parte inferior. Marimón impactou cunha gabia, e o seu Maserati cortou unha árbore e deu varias voltas de campá. Quedou atrapado debaixo do coche, xa que se pousou sobre a súa parte superior coas rodas virando no aire. Marimón morreu aos poucos minutos de que os equipos de rescate liberárano. Pensábase que a súa unidade de freado fallou.
A morte de Marimón deixou ao equipo Maserati con catro pilotos. Os seus tempos na práctica non foran o suficientemente satisfactorios para entrar no top 5 do Gran Premio de Alemaña de 1954. O seu mellor tempo foi de 21,3 segundos por detrás do tempo récord de 9:50.1 establecido por Juan Manuel Fangio.[1]
Remove ads
Resultado completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads