Orgánulo
diferentes estruturas suspendidas no citoplasma dunha célula, con forma e función diferenciadas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En bioloxía celular, denomínanse orgánulos[1] ou organelos[2] as diferentes estruturas suspendidas no citoplasma da célula eucariota, que teñen unha forma e unhas funcións especializadas ben definidas e diferenciadas. A célula procariótica carece da maior parte dos orgánulos (xeralmente só posúe ribosomas).
Remove ads

Non todas as células eucariotas conteñen todos os orgánulos ó mesmo tempo, senón que algúns aparecen en determinadas células de acordo coas súas funcións.
Remove ads
Historia e terminoloxía
Os termos orgánulo e organelo introducíronse xa no século XIX cando se empezaron a estudar as partes internas da célula. As subestruturas celulares cunha función específica recibiron o nome de orgánulos por analoxía co termo órgano (as unidades funcionais do corpo dun organismo pluricelular).[3] Porén, nos primeiros traballos sobre as células os autores raramente facían distinción entre "orgánulos" e "órganos".
Considérase que o primeiro[4][5][6] que usou o diminutivo de órgano para referirse ás estruturas internas da célula foi o zoólogo alemán Karl August Möbius (1884), que utilizou nunha revista científica o termo organula (plural de organulum, diminutivo latino de organum).[7] Polo contexto en que foi utilizado, está claro que se refería ás estruturas relacionadas coa reprodución dos protistas. Porén, algo despois, nunha nota a rodapé que foi publicada como unha corrección no seguinte número da revista, xustificou a súa proposta terminolóxica de chamarlle mellor a ditas estruturas de organismos unicelulares "organella" (en vez de orgánulos) porque son simplemente distintas partes dunha célula, a diferenza dos órganos dos seres pluricelulares. Por tanto, o termo orixinal orgánulos (organula) e o algo posterior organelos (organella) referíanse ás subestruturas dos organismos unicelulares.
Varios anos despois orgánulo ou o termo posterior organelo foron aceptados e utilizáronse cada vez máis para referirse ás estruturas subcelulares de todos os organismos, unicelulares e pluricelulares. Os libros de arredor de 1900 de Valentin Häcker,[8] Edmund Wilson[9] e Oscar Hertwig[10] aínda falan de órganos celulares, pero máis tarde órgano e organelos úsanse ás veces conxuntamente como sinónimos; por exemplo Bengt Lidforss publicou textos en 1915 (en alemán) nos que falaba de "órganos ou organelos" (Organe oder Organellen).[11]
Arredor de 1920, o termo organelo utilizouse para referirse a estruturas propulsoras ("complexos organelos motores", por exemplo, flaxelos e a súa ancoraxe basal[12] e outras estruturas de protistas ciliados como os cilios).[13] Alfred Kühn falaba dos centríolos como organelos da división.[14]
Max Hartmann no seu libro de 1953 utiliza o termo para referirse aos esqueletos de protistas intracelulares ou extracelulares (película, cunchas ou cubertas, paredes celulares).[15]
Máis tarde, foi emerxendo a definición, hoxe moi usada,[16][17][18][19] de organelo, na cal só as estruturas rodeadas por membranas se consideraban organelos. Porén, a definición orixinal e máis xeral de unidade subcelular funcional aínda coexiste coa máis restrinxida (só os rodeados de membrana).[20][21]
En 1978, Albert Frey-Wyssling propuxo, con moi escaso éxito, que organelo se restrinxise só ás estruturas que converten enerxía, como os centrosomas, ribosomas, e nucléolos.[22]
Actualmente pode atoparse en diversos textos o termo organelo/orgánulo usado con diferentes significados: algúns consideran orgánulo só os que conteñen ADN (mitocondrias e cloroplastos de orixe endosimbótica),[23][24][25] pero para a maioría son todos os "compartimentos celulares", polo que deben estar rodeados de membrana, aínda que o uso do termo para referirse a partes da célula non rodeadas de membrana (ribosomas, por exemplo) é tamén común.[26] Nalgúns textos fálase de orgánulos/organelos rodeados de membrana e non rodeados de membrana.[27] Tamén se ve ás veces organela en vez de organelo.
Remove ads
Orgánulos eucarióticos
Principais
Outros orgánulos e compoñentes celulares
Remove ads
Clasificación segundo a súa xénese
Atendendo á súa xénese, os orgánelos clasifícanse en dous grupos:
- Orgánulos autoxenéticos, desenvolvidos filoxenética e ontoxeneticamente da complexización de estruturas previas.
- Orgánulos de orixe endosimbiótica, procedentes da simbiose con outros organismos.
Orgánulos endosimbióticos
Son orgánulos incorporados á célula eucarionte inicialmente como bacterias endosimbiontes. Os orgánelos de orixe endosimbiótico teñen o seu propio xenoma, a súa propia maquinaria de síntese proteica, incluídos ribosomas, e multiplícanse por bipartición, de maneira que se se extirpan experimentalmente dunha célula non poden volver a se formar.
- Mitocondrias. Todos os eucariontes coñecidos teñen mitocondrias, orgánulos derivados delas, como os hidroxenosomas, ou ó menos restos de xenes mitocondriais incorporados ó xenoma nuclear.
- Plastos. Hai dous clases de plastos, os primarios derivan de cianobacterias por endosimbiose e os secundarios por endosimbiose de células eucariotas xa dotadas de plasto. Estes últimos son moito máis complexos. Os plastos designáronse moi a miúdo con outros nomes en función da súa pigmentación ou do grupo en que se presenta. A denominación cloroplasto é usada habitualmente como nome xenérico.
Orgánulos procarióticos

Os procariotas non son estruturalmente tan complexos coma os eucariotas, e pensábase inicialmente que non tiñan estruturas internas limitadas por membranas lipídicas similares a orgánulos membranosos. No pasado víanse como organismos con moi pouca organización interna; pero, pouco a pouco, empezaron a coñecerse detalles da súa estrutura interna que fixeron mudar esta visión. Unha idea inicial incorrecta desenvolvida na década de 1970 era que contiñan pregamentos internos da membrana chamados mesosomas, pero estes foron despois identificados como artefactos producidos polas substancias químicas utilizadas na preparación das células para a microscopía electrónica.[28]
Porén, as investigacións máis recentes revelaron que polo menos algúns procariotas teñen microcompartimentos asimilables a orgánulos, tales como os carboxisomas. Estes compartimentos subcelulares teñen 100 - 200 nm de diámetro e están rodeados por unha cuberta proteica.[29] Outros dos orgánulos descubertos son o magnetosoma, rodeado de membrana,[30][31] e as estruturas similares a un núcleo de Planctomycetes, que están limitadas por membranas lipídicas.[32]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads