Orquestra Gaos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Orquestra Gaos é unha orquestra da cidade da Coruña, Galicia. Está formada por aproximadamente 80 persoas, principalmente estudantes, e tamén profesores de conservatorios galegos. O proxecto da Orquestra Gaos está integrado, ademais de pola orquestra, por un coro, un coro novo, e coros infantís.
Remove ads
Historia
A Orquestra Gaos fundouse en abril de 2009. Ese mesmo ano colaborou na fase final do Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol, repetindo na edición seguinte. En 2010 ademais chegou o primeiro traballo discográfico da formación, un disco no que interpretou, xunto coa soprano chilena Cristina Gallardo-Domâs, temas galegos orquestrados polo compositor vigués Juan Durán.[1]
En 2011 a orquestra realizou unha xira de concertos na que interpretou o Requiem de Wolfgang Amadeus Mozart nas catedrais de Ourense, Tui e Santiago de Compostela con Borja Quiza, Carmen Subrido, Nuria Lorenzo e Francisco Corujo como solistas.[2] Dende ese ano ofrece xunto co Coro Gaos un concerto de Nadal a beneficio do IBS Padre Rubinos, contando coa presenza de figuras como Ainhoa Arteta, Borja Quiza ou Celso Albelo.[1]
En 2013 participou no LXI Festival de Ópera da Coruña baixo a dirección de Ramón Tébar cunha gala lírica a cargo do tenor Gregory Kunde e o barítono Juan Jesús Rodríguez no Palacio da Ópera. Ese mesmo ano e no mesmo escenario, a Orquestra Gaos baixo a batuta do seu director titular tocou xunto coa banda de pop rock madrileña Los Secretos.[3]
En 2015 ofreceu un concerto xunto co cantante andaluz Raphael no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.[4] Un ano despois o cantante volveu actuar coa orquestra coruñesa nas cidades de Vigo, no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo, e da Coruña, no Palacio da Ópera, dentro da xira "Raphael Sinphónico".[5] En 2019, con motivo da xira "ReSinphónico", ofreceron un novo concreto na cidade herculina, desta vez no Coliseum.[6]
Nos seus primeiros dez anos de historia pasaron pola agrupación uns 500 músicos e máis de 40 solistas,[7] como David Grimal (2015),[8] Ainhoa Arteta ou Celso Albelo.[7]
Remove ads
Coro
O Coro Gaos naceu en 2010, presentándose ante o público na inauguración da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.[9]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads