Paralichthys olivaceus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Paralichthys olivaceus
Remove ads

Paralichthys olivaceus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos,[1] coñecida en galego como rapante xaponés.[2]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...

É un peixe plano mariño propia das augas temperadas do noroeste do océano Pacífico que pode alcanzar máis de 1 m de lonxitude e un peso de 9 kg.[3]

É o peixe plano máis altamente estimado no Xapón.[3]

Remove ads

Taxonomía

A especie foi descrita por primeira vez en 1846 polo zoólogo danés Coenraad Jacob Temminck e polo seu colega alemán Hermann Schlegel, que a denominaron Hippoglossus olivaceus.[1]

Por iso tamén se coñece polo sinónimo de Hippoglossus olivacues Temminck & Schlegel, 1846.[1]

Descrición

É un peixe plano de corpo ovalado, deprimido, sinistro (é dicir, cos dous ollos situados no lado esquerdo do corpo), de até 103 cm de lonxitude, e un peso máximo rexistrado de 9,1 kg.[4]

A súa columna vertebral está formada por 30 vértebras. A aleta dorsal ten de 77 a 81 raios, e a anal entre 59 e 61.[3]

É unha especie mariña, demersal, oceanódroma,[5] que vive en fondos de entre os 10 e os 200 m de profundidade.[6]

Remove ads

Distribución

Distribúese polo Pacífico occidental, desde os 62° N e 1° N, e os 99° L e 163° L, nas costas do Xapón, Sakhalin, as illas Kuriles, a península de Corea até o mar da China Meridional.[3]

Pesca

O rapante xaponés é unha especie comestíbel e moi apreciada gastronomicamente, que é obxecto de activa pesca na súa área de distribución, a zona pesqueira 61, o Pacífico noroeste.[2]

Acuicultura

Esta é a especie máis común dos peixes criados en acuicultura en Corea, ademais d cultivarse tamén no Xapón e na China. A cría en catividade comezou a finais dos anos 1980, su a súa produción comercial a grande escala non comezou en Corea até a década de 1990.

No ano 2001 a produción do rapante xaponés, ou oliváceo, en Corea, alcanzou o 56,1 % da produción total de peixes en acuicultura, que nese ano foi dun total de 29 297 t, cun valor de 2 935 billóns de wons surcoreanos.[7]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads