Paula Vázquez

actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia

Paula Vázquez
Remove ads

Paula Vázquez Picallo, nada en Ferrol o 26 de novembro de 1974, é unha actriz, presentadora de televisión e modelo galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Nos anos 80 trasládase coa súa familia a Barcelona, onde comeza a súa carreira profesional como modelo e azafata.[1] A súa primeira aparición televisiva é como azafata no popular programa Un, dos, tres. A partir dese comezo en TVE chegaron programas como La vuelta de la fama, No te olvides el cepillo de dientes, La noche de los magníficos, El Rastrillo, Inocente, Inocente ou o Luar da TVG.

Tras esta primeira etapa na televisión, incorpórase á serie Canguros, na que filma corenta capítulos. Interveu en dúas películas: Huele bien e Últimas vacaciones. O currículum da ferrolá complétase coa presentación de espazos como El juego del euromillón ou Gran Hermano 3, así como a retransmisión das badaladas de Fin de Ano en Telecinco, entre outros.

En 2005, tras conducir La isla de los famosos e copresentar dende o Amazonas La selva de los famosos, guía o programa Aventura en África, todos eles de Antena 3.

En 2006 probou sorte con ¿Cantas o qué? un formato que non tivo o éxito agardado e foi retirado moi pouco despois da súa estrea.

En decembro de 2006 volveu a Televisión Española, estreándose no aniversario da Gala 50 anos de TVE como presentadora xunto a Laura Valenzuela e Anne Igartiburu. En 2007 presenta o programa Misión Eurovisión, en que se pretende seleccionar aos representantes de España no concurso de Eurovisión.

En xaneiro de 2008 incorpórase a Cuatro para presentar o reality Fama, ¡a bailar! do cal presentou todas as súas edicións de 2007 a 2010. O grande éxito cultivado por este programa logrou incrementar a media da cadea ata conseguir a súa marca histórica, situándose como o programa máis visto de Cuatro en moitas ocasións. En setembro de 2008 estreou Pekín Express, un reality de aventuras do cal só presentou a primeira edición.

Tras realizar distintos pilotos para Mediaset España que foron descartados, Paula Vazquez foi fichada en novembro de 2011 por Antena 3. O 26 de marzo de 2012 estreou nesa cadea o talent show El número uno.

Remove ads

Televisión

Como azafata

Como presentadora

Como actriz

Remove ads

Premios e candidaturas

  • 1998: nomeada ao TP de Ouro, como Mellor presentadora por El juego del Euromillón.[2]
  • 1999: nomeada ao TP de Ouro, como Mellor presentadora por El juego del Euromillón.[2]
  • 2000: nomeada ao TP de Ouro, como Mellor presentadora por El juego del Euromillón.[2]
  • 2001: Galega do mes de abril, por El Correo Gallego.[3]
  • 2003: Premio Estilo da revista Elle á mellor comunicadora.[4]
  • 2004: Antena de Ouro na categoría de Televisión, por La isla de los famosos.[2]
  • 2005: Micrófono de Ouro.[4]
  • 2005: A máis buscada en Internet, por Lycos.[5]
  • 2009: Camaleón de Honor Especial de Televisión no X Festival de Cine e Televisión de Islantilla.[6]
  • Premio Otra Movida 2012.
  • Mellor Comunicadora, Premios Shangai 2008.
  • A máis elegante por Vocento
  • Estrella Costa del Sol polo Concello de Benalmádena.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads