Pedro Alonso

Actor español From Wikipedia, the free encyclopedia

Pedro Alonso
Remove ads

Pedro González Alonso, máis coñecido como Pedro Alonso, nado en Vigo o 21 de xuño de 1971, é un actor galego. É licenciado pola Real Escola Superior de Arte Dramática e realizou estudos tamén de teatro e danza.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Conseguiu popularidade en famosas teleseries da Televisión de Galicia. Fixo o papel de Pedro en Rías Baixas e protagonizou Padre Casares, unha das series do prime time con maior audiencia. Participou tamén noutras producións televisivas menos populares como Maridos e mulleres ou O espello.

No ámbito español traballou en A las once en casa, Todos los hombres sois iguales, Condenadas a entenderse, Mediterráneo, Gran Hotel ou Código fuego, esta última xunto a Maribel Verdú e José Coronado.

Conta con experiencia en teatro independente e institucional, con compañías como La Fura dels Baus e o Teatro Clásico Nacional, así como coa súa propia, Grupo Dom.

Fíxose recoñecido a nivel mundial grazas ao éxito da serie La casa de papel, finalizada en 2021, e na que interpreta o papel de Andrés de Fonollosa Gonzalvez «Berlín». Coincidindo co final de dita serie, Netflix anunciou o lanzamento dun spin-off en 2023 baseado na vida do seu personaxe.[1]

Remove ads

Filmografía

Como actor

Máis información Ano, Título ...

Como director

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Series de televisión

Máis información Ano, Título ...

Teatro

  • Por amor al arte (2003)[9]
  • Los justos (2013)[10]
  • O Crédito (2015)[11]

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...

Festival de Televisión de Montecarlo

Máis información Ano, Categoría ...

Festival de Cine de Bogotá

Máis información Ano, Categoría ...

Festival de Cine de Comedia de Peñíscola

Máis información Ano, Categoría ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads