Piti Sanz

músico e compositor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Piti Sanz
Remove ads

Vicente Luís Sanz Muñoz, coñecido como Piti Sanz, nado en Huelva en 1966[1] e finado o 23 de maio de 2025,[2] foi un músico e compositor galego con numerosos traballos dentro do audiovisual galego e español así como no mundo do teatro.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

É o autor da banda sonora de filmes como Mataharis ou series como Terra de Miranda. Traballou con directores como Alfonso Zarauza ou Jorge Coira. Foi cofundador dos grupos Sindicato Agrario e Los Contentos e tocou en discos de Siniestro Total e Los Enemigos. No 2013 incorporouse á formación do grupo musical Os Resentidos.[3]

En 2007 foi candidato ós premios Goya na categoría de Mellor Canción Orixinal polo tema "Esa luz". Foi composto conxuntamente con Luís Tosar, con quen mantivo o grupo musical Di Elas. A Academia retirou posteriormente este nomeamento.[4][5] Acadou tres premio María Casares á mellor música orixinal por Finis Mundi Circus en 1999, Ñiki Ñaque en 2001 e mais Policía en 2002. Ten un cuarto por Se o vello simbad volvese as illas, aínda que o seu nome non aparece na listaxe oficial. Gañou catro Premios Mestre Mateo, polas películas Entre bateas, A noite que deixou de chover e 18 comidas e pola serie O Nordés.

Remove ads

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads