Pleckstrina

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pleckstrina
Remove ads

As pleckstrinas son unha familia de proteínas atopada en plaquetas[1] e outras células. O seu nome deriva do inglés platelet and leukocyte C kinase substrate and the KSTR string of amino acids (substrato da quinase C de plaquetas e leucocitos e a cadea KSTR de aminoácidos). A proteína prototípica, agora chamada pleckstrina-1, foi identificada en 1979 como o principal substrato da proteína quinase C en plaquetas.[2] A proteína homóloga pleckstrina-2 exprésase máis amplamente nos tecidos.[3]

Thumb
Diagrama de fitas do dominio de homoloxía de pleckstrina C-terminal da pleckstrina-1 unida ao inositol 1,2,3,4,5-pentafosfato (PDB 2I5C)
Pleckstrina-1
Identificadores
Símbolo PLEK
Entrez 5341
HUGO 9070
OMIM

173570

RefSeq NM_002664
UniProt P08567
Outros datos
Locus Cr. 2 p13.3
Pleckstrina
Identificadores
Símbolo PLEK2
Entrez 26499
HUGO 19238
OMIM

608007

PDB 1X1G
RefSeq NM_016445
UniProt Q9NYT0
Outros datos
Locus Cr. 14 q23.3q24.1

O dominio de homoloxía de pleckstrina (dominio PH) recibiu ese nome porque se atopou por primeira vez na pleckstrina-1.[2]

Remove ads

Secuencia e estrutura

Tanto a pleckstrina-1 coma a pleckstrina-2 conteñen dous dominios de homoloxía de pleckstrina, separados por un dominio DEP. A pleckstrina-1 é fosforilada pola proteína quinase C en tres residuos de serina e treonina situados entre o primeiro dominio de homoloxía de pleckstrina e o dominio DEP;[2] a pleckstrina-2 non é substato da proteína quinase C.[2][4] As dúas proteínas comparten un 65 % de homoloxía de secuencias[2] e teñen un tamaño duns 47 quilodaltons.[5]

En 2024 non se resolvera aínda ningunha estrutura tridimensional en alta resolución das pleckstrinas nas súas lonxitudes completas, pero publicáranse as estruturas dos dominios individuais das pleckstrinas-1 e -2.[2]

Remove ads

Funcións

As pleckstrinas están implicads no rearranxo do citoesqueleto de actina en procesos como a activación das plaquetas, eritropoese e extensión de filopodios e lamelipodios.[3] A pleckstrina-1 crese que queda activada pola fosforilación que lle fai a proteína quinase C, o cal ten como resultado a unión ao lípido de membrana fosfatidilinositol 3,4-bisfosfato.[2] As intraccións coas integrinas e a GTPase Rac orixina despois a reorganización do citoesqueleto de actina.[3] A pleckstrina-2 tamén se une a fosfolípidos de inositol, pero interacciona directamente coa actina F, a diferenza da pleckstrina-1.[3] Como a pleckstrina-2 se expresa nunha ampla variedade de tipos celulares, as súas funcións biolóxicas son máis diversas que as da pleckstrina-1.

A pleckstrina-1 é unha proteína clave nos procesos de remodelación de membranas que ocorren durante a activación das plaquetas.[2] Tamén aparece en células inmunitarias como os macrófagos e os neutrófilos,[2][3] onde intervén na formación de fagosomas e a secreción de citocinas proinflamatorias.[3]

A pleckstrina-2 ten unha función na extensión da célula (por emisión de pseudópodos), a inflamación, eritropoese e tumoroxénese. En linfocitos está implicada na formación da sinapse inmunolóxica mediada pola quinase PI3. A pleckstrina-2 tamén é mediadora nos cambios citoesqueléticos implicados na proliferación de eritroblastos ao inicio da eritropoese. Tamén se cre que é esencial na transición epitelial-mesenquimal na metástase de tumores, e sábese que a pleckstrina-2 se sobreexpresa nunha variedade de cancros.[3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads