29ª edición dos Óscar

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A 29ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 27 de marzo de 1957 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Jerry Lewis e Celeste Holm.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Implicados ...

Nesta edición incluíuse por primeira vez o Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa de xeito competitivo. Ademais foi a primeira en que os cinco filmes candidatos ao mellor filme (todos épicos de grande escala) eran en cor.

Na categoría de mellor argumento orixinal houbo dúas peculiaridades. O Óscar a The Brave One foi outorgado a Robert Rich, pseudónimo de Dalton Trumbo, que nesa época estaba na lista negra e non podía ser acreditado co seu nome real. Ademais, Edward Bernds e Elwood Ullman retiraron os seus nomes para ser considerados para o premio polo seu traballo en High Society, xa que a candidatura era para o musical protagonizado por Grace Kelly, mentres que Bernds e Ullman escribiran o filme homónimo dos Bowery Boys.

James Dean converteuse no primeiro actor que recibiu unha segunda candidatura póstuma como intérprete.

Remove ads

Premios

Thumb
Mike Todd, mellor filme
Thumb
George Stevens, mellor director
Thumb
Yul Brynner, mellor actor
Thumb
Ingrid Bergman, mellor actriz
Thumb
Anthony Quinn, mellor actor secundario
Thumb
Dorothy Malone, mellor actriz secundaria
Thumb
Dalton Trumbo, mellor argumento
Thumb
Cedric Gibbons, mellor dirección de arte en branco e negro

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[1]

Máis información Mellor filme, Mellor director ...

Oscar honorífico

  • Eddie Cantor, "polos seus distinguidos servizos á industria do cinema"

Irving G. Thalberg Memorial Award

  • Buddy Adler

Jean Hersholt Humanitarian Award

  • Y. Frank Freeman
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads