Propodeo

estrutura do corpo dalgúns animais From Wikipedia, the free encyclopedia

Propodeo
Remove ads

En zooloxía denomínase propodeo ao primeiro segmento (tagma) abdominal dos insectos himenópteros da suborde dos apócritos (abellas, avespas e formigas).[1]

Thumb
Propodeo dunha formiga, indicado pola frecha

Etimoloxía

O nome científico propodeo é a adaptación do latín científico propodeum, alteración de propodeon, e está formado pola unión dos elementos pro- e -podeo, derivados do grego antigo πρό pro, "antes, diante de", e πόδιον pódium, "pé", respectivamente.[2]

Estrutura

Este segmento fusionouse co tórax para formar o mesosoma. É un só esclerito grande, non subdividido, e ten un par de espiráculos. Está fortemente constrinxido posteriormente para formar a articulación do pecíolo, e dá aos apócritos a súa forma distintiva.[3] Os segmentos restantes do abdome levan o nome de metasoma ou, máis propiamente, gáster, neste grupo de himenópteros.

Pode haber unha sutura entre o propodeo e o tórax, como nos sínfitos,[4] ou non, e a presenza ou ausencia desa sutura pode axudar na identificación de espécimes.

Remove ads

Noutros grupos de animais

Crustáceos

Nos crustáceos o propodeo é o nome do cuarto segmento do endopodio dos apéndices, situado entre o carpo e o dáctilo.[1]

Moluscos

Nalgúns moluscos gasterópodos mariños que viven en substratos brandos, o propodeo é a rexión anterior do , modifidada como unha gran sola en forma de pá, adaptada para a escavación.[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads