Provespa

xénero de insectos From Wikipedia, the free encyclopedia

Provespa
Remove ads

Provespa é un xénero de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, superfamilia dos vespoideos, familia dos véspidos, unha das comprendidas na subfamilia dos vespinos.

Máis información Clasificación científica, Especies ...

Dos catro xéneros que constitúen a subfamilia dos vespinos, Vespa, Provespa, Dolichovespula e Vespula, os dous primeiros contrastan notabelmente cos dous últimos porque mostran hábitos máis especializados e son principalmente habitantes da Rexión Indomalaia ou Oriental.[1]

O xénero Provespa comprende catro especies, unha delas extinta, coñecidas vulgarmente como avespas nocturnas.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1903 polo entomólogo estadounidense William Harris Ashmead,[2] nun traballo publicado en Entomogical News, 14: 182.[3]

Etimoloxía

O nome científico Provespa está formado polos elemenros Pro- e -vespa. O primeiro está tirado da preposición latina pro, "diante de", e o segundo do xénero Vespa. Literalmente, "as avespas antecesoras das do xénero Vespa".

Especies

O xénero comprende na actualidade as tres especies seguintes:[3]

Ademais, está descrita unha especie extinta:[3]

  • Provespa nobilis Zhang et al., 1994
Remove ads

Características

As especies de Provespula son os únicos membros nocturnos da subfamilia dos vespinos, e tamén os únicos vespinos onde se forman novas colonias por pululación (unha raíña á que acoden un gran número de obreiras, de modo semellante ao das abellas melíferas).[4]

Tenden a construír os niños a partir de material vexetal fibroso, o que os fai tomar unha cor marrón agrisada uniforme, polo que adoitan ser difíciles de localizar.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads