Provespa anomala
especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Provespa anomala é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, superfamilia dos vespoideos, familia dos véspidos e subfamilia dos vespinos, unha das tres incluídas na actualidade no xénero Provespa.[1]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1854 polo entomólogo suízo Henri Louis Frédéric de Saussure, co nome de Vespa dorylloides.[2]
Sinónimo
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamé polo nome de:[2]
- Vespa dorylloides Saussure, 1854
Distribución xeográfica
Esta especie encóntrase en Birmania, Tailandia, Malaisia (Malaisia Occidental, illa Langkawi, Estado de Sarawak, Estado de Sabah), Singapur, Brunei, Indonesia (illas de Sumatra, Xava, Kalimantan (a parte indonesia de Borneo, e outras illas menores).[3]
Comportamento
Como as demais especies de Provespula son nocturnas, e forman novas colonias por pululación (unha raíña á que acoden un gran número de obreiras, de modo semellante ao das abellas melíferas). É probábel que o seu ciclo vital sexa anual, con enxames que se forman en calquera época do ano.[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads