Provespa barthelemyi
especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Provespa barthelemyi é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, superfamilia dos vespoideos, familia dos véspidos e subfamilia dos vespinos, unha das tres incluídas na actualidade no xénero Provespa.[1]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita en 1905 polo naturalista e entomólogo francés Robert du Buysson, co nome de Vespa barthelemyi,[1] no seu traballo "Monographie des guêpes ou Vespa" publicado en Ann. Soc. Ent. France 72: 260–288.
Etimoloxía
Para a do xénero, véxase Provespa.
O epíteto específico, barthelemyi é unha homenaxe que du Buysson lle fixo ao abade Berthoumieu, co que estudou musgos.
Sinónimo
Ademais de co nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]
- Vespa barthelemyi Buysson, 1905 (protónimo)
Remove ads
Distribución xeográfica
Provespa barthelemyi encóntrase na India (Sikkim, Bengala Occidental, Assam, Meghalaya, Arunachal Pradesh, Nagaland, Manipur, Tripura, Mizoram), na China (Yunnan, Guangxi), e en Myanmar, Laos, Camboxa, Vietnam, Tailandia e Malaisia (Península Malaia).[1][2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads