Rodolfo Sancho

actor español From Wikipedia, the free encyclopedia

Rodolfo Sancho
Remove ads

Rodolfo Sancho Aguirre, nado en Madrid o 14 de xaneiro de 1975, é un actor español.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

A súa extensa filmografía inclúe varios papeis en televisión, destacando o de Nico de Al salir de clase, coa que se deu a coñecer e, máis recentemente, o de Ángel en La Señora entre outros.

En cine traballou con directores do talle de Álex de la Iglesia en La comunidad ou Muertos de risa ou Javier Elorrieta (en Pacto de brujas) entre outros.

En 2006 participou cun pequeno papel no debut como director de Jorge Sánchez-Cabezudo, La noche de los girasoles, así como na película La bicicleta de Sigfrid Monleón.

Foi un dos protagonistas da serie médica MIR de Telecinco no ano 2007. Máis tarde formou parte do elenco da serie de TVE La Señora. En 2010 interpreta o papel de Juan Reyes, un dos tres irmáns protagonistas da serie de Antena 3 Gavilanes.

En 2011 volta a La 1 coa rodaxe de Isabel, serie biográfica sobre Isabel I de Castela na que interpreta a Fernando II de Aragón. A serie foi estreada en setembro de 2012. Tamén participa na Tv-movie de Antena 3 Historias robadas.

Remove ads

Vida persoal

É fillo do tamén actor Sancho Gracia. Xunto coa actriz Silvia Bronchalo tivo un fillo, Daniel, nado en 1994. Actualmente a súa parella é a tamén actriz Xenia Tostado á que coñeceu en 2005 na rodaxe da película Cuba Libre.

Televisión

Películas

Remove ads

Teatro

  • Caos
  • Misterio en el circo de irás y no volverás
  • El cerco de Numancia
  • Cedra

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads