Roland Ratzenberger
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Roland Ratzenberger, nado en Salzburgo o 4 de xullo de 1960 e finado en Imola o 30 de abril de 1994, foi un piloto de automóbiles de Fórmula 1 austríaco. Faleceu tras un accidente nas clasificacións do Gran Premio de San Marino de 1994 en Imola, a mesma carreira na que posteriormente perdeu a vida a piloto brasileiro Ayrton Senna.
Remove ads
Le Mans
En 1989 pilotou nas 24 Horas de Le Mans por primeira vez. Compartiu o Porsche 962 do equipo Brun Motorsport con Mauricio Sandro Sala e Walter Lechner, retirouse na terceira hora.
Correu nos seguintes catro Le Mans, novamente con Brun en 1991 e co equipo de ADR en 1990, 1992 e 1993. O seu mrllor resultado chegou en 1993, cando xunto a Mauro Martini e Naoki Nagasaka terminaron quintos nun Toyota 93 CV.[1]
Remove ads
Fórmula Un
Na tempada de 1994, finalmente logrou a súa ambición de converterse en piloto de Fórmula Un, firmando un contrato de cinco carreiras co novo equipo Simtek[1] dirixido por Nick Wirth.
A súa campaña comezou cun mal inicio no Gran Premio do Brasil de 1994 en Interlagos, onde non puido clasificarse. Pero chegou á grella na seguinte rolda no Circuíto Internacional Tanaka en Aida, Xapón, xa que a súa experiencia na pista logo dos seus días nas carreiras de turismo era o único piloto no circuíto que pilotara antes neste circuíto. Terminou 11º.[1]
Remove ads
Morte

Ratzenberger morreu durante a cualificación do Gran Premio de San Marino de 1994 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari o sábado 30 de abril de 1994. Saírase da pista na volta anterior, danando a súa á dianteira, pero no canto de entrar nos boxes, continuou, xa que estaba competindo polo posto final da grella.[2] A alta velocidade na recta, e, polo tanto, a alta forza aerodinámica xerada, finalmente rompeu a á, enviándoa debaixo do coche. O seu coche non puido virar na curva Villeneuve e golpeou contra o muro exterior a 314´9 km/h.[3]
Ratzenberger foi declarado morto ao chegar ao hospital Maggiore en Bologna, trasladado aí desde o centro médico do circuíto de Imola, onde fora inicialmente trasladado desde o lugar de choque nunha ambulancia. A causa da morte foi unha fractura de cranio basilar.

Ratzenberger foi o primeiro piloto de carreiras que perdeu a súa vida nun fin de semana de gran premio desde a tempada 1982 de Fórmula Un, cando Riccardo Paletti morrera en Canadá no Circuíto Gilles Villeneuve. Ratzenberger tamén foi o primeiro piloto en morrer nun coche de F1 desde Elio de Angelis durante unha proba en 1986.
Bernie Ecclestone persuadiu ao equipo Simtek para participar na carreira o día seguinte para superar o choque. En sinal de respecto, o lugar de Ratzenberger na grella de saída quedou baleiro. O compañeiro de equipo de Ratzenberger, David Brabham, retirouse logo de 27 voltas.
A súa morte tivo un legado duradeiro. O 1 de maio de 1994, durante o briefing habitual dos pilotos, os pilotos restantes acordaron a reforma da Asociación de pilotos de Gran Premio, con Senna, Gerhard Berger e Michael Schumacher como os seus primeiros directores. A asociación meteu presión a continuación para mellorar a seguridade dos automóbiles e dos circuítos como consecuencia do acciedente de Imola e outros graves accidentes durante a tempada de 1994, en 2003, a FIA impuxo o uso do dispositivo HANS, deseñado para evitar o tipo de ferida que sufriu Ratzenberger.[4]
Cando os comisarios de pista examinaron os restos do automóbil de carreiras de Senna, atoparon unha bandeira austríaca. Senna planeara levala logo da carreira, na honra de Ratzenberger.[5]
O presidente da FIA, Max Mosley, asistiu ao funeral de Ratzenberger, a pesar da abafadora atención do funeral de Senna, tanto no mundo do automobilismo como no mundo. Nunha conferencia de prensa, dez anos máis tarde, Mosley dixo: "Roland foi esquecido. Entón fun ao seu funeral porque todos foron ao de Senna. Pensei que era importante que alguén fora ao seu".[6] Outros membros da comunidade de Fórmula 1 que asistiron foron Johnny Herbert, Heinz-Harald Frentzen e compatriotas de Ratzenberger Karl Wendlinger e Gerhard Berger, foron os únicos catro pilotos de F1 que asistiron.[7] Ratzenberger debía pilotar máis tarde ese ano nas 24 Horas de Le Mans para Toyota. Eddie Irvine tomou o seu lugar no equipo e o nome de Ratzenberger quedou no coche (o que sería o segundo na xeral) como homenaxe.
Ratzenberger está enterrado en Maxglan, Salzburgo, Austria.
Remove ads
Rexistro de carreiras
Resultados completos no British Touring Car
(key) (Carreiras en grosa indican pole position – 1982–1990 na súa clase) (Carreiras en cursiva indican volta rápida – outorgábase 1 punto – 1989 na súa clase)
Resultados nas 24 Horas de Le Mans
Resultados completos na Fórmula 3000 xaponesa
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
† non terminaron a carreira, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads