Samael

From Wikipedia, the free encyclopedia

Samael
Remove ads

Samael (en hebreo: סַמָּאֵל Sammāʾēl, "veleno de Deus",[1] "cegueira de Deus") raramente escrito como "Smil", "Samil" ou "Samiel"[2][3][4], é un arcanxo da mitoloxía e do misticismo xudeu. Foi un anxo que tivo importante participación en certos eventos importantes na narrativa bíblica. Como un anxo, el soamente opera dentro dos límites angostos establecidos polo Creador, sendo considerado polas persoas ora bo, ora malo. O seu nome é formado por dúas partes, o termo סומא, que significa "cego", e o termo אל, que significa "divindade" ou estipula unha relación coa divindade. Segundo algunhas obras da literatura rabínica, identifícase esta personaxe como o anxo da morte, o príncipe dos demos, o anxo que interrompeu o patriarca Abraham cando sacrificaría o seu fillo, o anxo da garda de Esaú e anxo que pelexou ata o albor con Xacob. Foi tamén un dos anxos que descendeu cara a terra antes do diluvio.[5][6][7]

Datos rápidos Tipo, Patrón de ...
Thumb
Gustave Doré, Xacob loita co anxo Samael (1855).
Thumb
O anxo da morte. Ilustración de Paul Gustave Louis Christophe Doré para a obra O corvo, de Edgar Allan Poe
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads