Silvia Intxaurrondo
xornalista vasca From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Silvia Intxaurrondo Alcaine, nada en Barakaldo o 24 de outubro de 1979, é unha xornalista vasca.
Remove ads
Traxectoria
Pasou a súa infancia en Santurtzi. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Navarra e en filoloxía árabe pola Universidade Autónoma de Madrid, fixo un mestrado en Estudos Árabes e Islámicos Contemporáneos (Universidade Autónoma de Madrid), especializada en información internacional. A súa carreira profesional iniciouse no programa matinal Hoy por hoy, da Cadena SER presentado por Iñaki Gabilondo onde estivo catro anos.
En 2005 pasou a CNN+ para presentar informativos e dende a tempada 2006-2007 foi copresentadora no informativo de Iñaki Gabilondo, Noticias Cuatro 2, en Cuatro.
Dende o 8 de febreiro até o 23 de decembro de 2010 estivo en CNN+ copresentando o programa de actualidade Hoy. Dende 2011 e até xuño de 2012 formou parte da mesa de traballo da W Radio de Colombia (cadea do grupo PRISA) nas mañás, xunto a Julio Sánchez Cristo.
Dende o 3 de setembro de 2012 até o 20 de maio de 2013 traballou como subdirectora do programa Hoy por hoy da Cadena SER, na súa nova etapa coa presentación de Pepa Bueno e Gemma Nierga, pouco antes de ser nai.
Dende xaneiro de 2014 a decembro de 2014 presentou o programa diario de actualidade ETB hoy da canle autonómica vasco ETB 2. Entre xaneiro de 2015 e abril de 2015, presentou en ETB2 o programa de actualidade semanal ¡Por fin, viernes!.
En setembro de 2015 regresou a Cuatro onde se fixo cargo do programa semanal de debate de actualidade Un tiempo nuevo.
Dende setembro de 2017 dirixiu e presentou Telenoticias Fin de Semana en Telemadrid.[1] Entre xaneiro de 2018 e abril de 2018 compatibilizou ese labor coa condución do programa Desaparecidos na 1.[2]
O 30 de xullo de 2021 fichou pola 1 para presentar La hora de La 1, deixando así de presentar Telenoticias Fin de Semana en Telemadrid logo de case catro anos á fronte.[3]
En 2023, fíxose viral unha entrevista co candidato do PP ás eleccións españolas, Alberto Núñez Feijóo, que obrigou ó político a rectificar as afirmacións falsas que fixera sobre as pensións.[4][5]
Remove ads
Vida persoal
Intxaurrondo é nai de 2 fillos.[6]
Programas de televisión
Programas de radio
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads