Solar Orbiter
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Solar Orbiter é unha misión conxunta da NASA e a ESA para o estudo do Sol, elixida en 2011 como primeira misión de Cosmic Vision.[3]

A nave foi lanzada o 10 de febreiro de 2020 a bordo dun foguete Atlas 5.[3]
O obxectivo da misión é o estudo próximo da física solar e heliosférica,[4] facendo observacións do Sol dende unha órbita única a 42 millóns de km do Sol[5] que permite estudalo, xunto coa súa coroa cun nivel de detalle nunca acadado, obtendo imaxes de alta resolución das rexións polares. Máis polo miúdo, pretende chegar a claves sobre o desenvolvemento dos planetas e a emerxencia da vida a través de como traballa o sistema solar, as orixes do Universo e a física fundamental que mantén o funcionamento a dito nivel.
Solar Orbiter sufriu diversas probas de funcionamento, incluído o test de temperatura de 107 °C (no caso da cuberta protectora, levouse a 520 °C).[3]
En 2025 será a primeira nave en órbita arredor do Sol que permita estuadar os seus polos, ó inclinar o seu plano orbital.[6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads