Struthio
xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Struthio é un xénero de aves da orde dos Struthioniformes, cuxos membros reciben o nome de avestruces. Deste xénero existen dúas especies vivas, a avestruz común (Struthio camelus) e a avestruz de Somalia (Struthio molybdophanes). Coñécense tamén especies fósiles asignadas a este xénero, algunhas das cales se extinguiron hai uns poucos miles de anos como S. asiaticus.
- Para a avestruz común S, camelus ver avestruz.
Remove ads
Historia
O xénero Struthio foi descrito por primeira vez por Carl Linnaeus en 1758. O xénero foi usado por Linnaeus e algúns outros dos primeiros taxónomos para incluír o emú, o ñandú e o casuario, ata que estes foron situados nos seus propios xéneros.[1] A avestruz de Somalia Struthio molybdophanes foi recoñecida como especie separada recentemente pola maioría das autoriades (antes era subespecie da avestruz común), mentres que outras autoridades están aínda revisando as evidencias.[2][3]


Remove ads
Especies
Coñécense nove especies dentro deste xénero, das cales sete están extingjidas. Outras tres especies máis: S. pannonicus, S. dmanisensis (a avestruz xigante) e S. transcaucasicus, foron transferidas ao xénero Pachystruthio en 2019.[4] Outras formas fósiles son icnotaxons que só se coñecen polas pegadas ou trazas que deixaron os organimos e a súa asociación coas especies descritas por ósos é polémica e pendente de ulteriores revisións.[5]
As especies son:
- †Struthio coppensi (Mioceno temperán de Elizabethfeld, Namibia)
- †Struthio linxiaensis (Mioceno tardío Liushu de Yangwapuzijifang, China)
- †Struthio orlovi (Mioceno tardío de Moldavia)
- †Struthio karingarabensis (Mioceno tardío – Plioceno temperán do suroeste e centro leste de África) – oospecie(?)
- †Struthio kakesiensis (Plioceno temperán de Laetoli, Tanzania) – oospecie
- †Struthio wimani (Plioceno temperán da China e Mongolia)
- †Struthio daberasensis (Plioceno temperán e medio de Namibia) – oospecie
- †Struthio brachydactylus (Plioceno de Ucraína)
- †Struthio chersonensis (Plioceno do sueste de Europa ata o centro oeste de Asia) – oospecie
- †Struthio asiaticus, (Plioceno temperán – Plistoceno tardío de Asia central á China ?e Marrocos)
- †Struthio oldawayi (Plistoceno temperán de Tanzania) – probablemente subespecie de S. camelus
- †Struthio anderssoni – no norte da China/Mongolia[6][7] oospecie(?)
- Struthio camelus, avestruz común
- Struthio molybdophanes, avestruz de Somalia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads