Struthio asiaticus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Struthio asiaticus
Remove ads

Struthio asiaticus é unha especie extinta de avestruz que vivía desde Marrocos, pasando por Oriente Medio ata a China e Mongolia. Os seus fósiles datan desde o Plioceno superior ao Holoceno temperán (de 3,6 millóns de anos a 6000 a.C.).[1] Atopáronse capas de fragmentos de cascas en sitios arqueolóxicos na India que datan de hai máis de 25000 anos que conteñen trazas de ADN e examináronse as súas secuencias, que mostraron que a especie pertence definitivamente ao xénero Struthio.[2]

Thumb
Cascas de ovo de S. asiaticus

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...

Estas avestruces asiáticas estaban estendidas tamén por Europa. En Asia vivían tamén no norte do subcontinente indio e o sur de Siberia. Sábese que esta especie se extinguiu na China a finais ou pouco despois do último período glaciar.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads