Taki Inoue
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Takachiho "Taki" Inoue (井上 隆智穂 Inoue Takachiho,[1]), nado en Kobe o 5 de setembro de 1963, é un piloto de carreiras xaponés.
Remove ads
Traxectoria
Competiu no British Formula Ford Championship en 1988, seguido dunha tempada en All-Japan Formula Three de 1989 a 1993 e unha tempada no campionato International Formula 3000 en 1994.
Fórmula Un

.
Participou en 18 carreiras de Gran Premio de Fórmula Un, realizando a súa primeira aparición o 6 de novembro de 1994 no Gran Premio do Xapón de 1994 con Simtek. Non logrou puntos de campionato e considerárono un piloto de pago.
É lembrado por dous estraños incidentes durante a condución do Footwork en 1995. O primeiro ocorreu despois dunha sesión de práctica en Mónaco, cando o seu coche parado era remolcado de volta aos boxes foi golpeado por un coche de seguridade, pilotado por Jean Ragnotti, o que provocou que saíse disparado contra as barreiras, aínda que Inoue estaba listo para competir o día seguinte. O segundo pasou no Gran Premio de Hungría de 1995 visto en directo por televisión en todo o mundo, cando intentaba axudar aos comisarios a apagar lume do motor do seu monopraza, un coche de seguridade Tatra 623 pilotado por un comisaario o atropelou, ferindoo nunha perna, aínda que se recuperou para a seguinte carreira.[2][3]

Durante a maior parte da tempada, o seu compañeiro foi Gianni Morbidelli, pero a finais da tempada Max Papis substituíu a Morbidelli e ás veces foi superado por Inoue.
Entrando na tempada 1996, Inoue solicitou a Tyrrell un volante, pero o equipo elixiu Ukyo Katayama co seu diñeiro de patrocinio Mild Seven de Japan Tobacco.[4] En cambio, anunciouse que en xaneiro pilotaría para o equipo Minardi.[1] Con todo, un dos seus patrocinadores persoais saíuse no último momento e Inoue retirouse da F1. Minardi contratou a Giancarlo Fisichella no seu lugar.[5] Fisichella, o piloto de probas do equipo en 1995, tiña o apoio de Marlboro Italia.[6]
Co seu patrocinio reducido, Inoue quedou fóra da Fórmula Un. Tras un breve paso polo automobilismo deportivo, retirouse das carreiras a finais de 1999 e agora xestiona pilotos no seu propio país.
Remove ads
Rexistro de carreiras
Complete International Formula 3000 results
(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Resultados completos na Fórmula Un
(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads