Toronto Maple Leafs

From Wikipedia, the free encyclopedia

Toronto Maple Leafs
Remove ads

Os Toronto Maple Leafs son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Toronto (Ontario, Canadá) que compite na National Hockey League (NHL), estando encadrado na Atlantic Division da Conferencia Leste. Dende 1999 o equipo xoga os seus partidos como local no Air Canada Centre, logo de ter xogado a maior parte da súa historia no Maple Leaf Gardens . É o segundo equipo que máis veces gañou a Stanley Cup cun total de 13 título, o último deles en 1967, ademais de gañar dúas veces o Prince of Wales Trophy e finalizar cinco veces como campión da súa división.

Datos rápidos Fundación, Cidade ...

Fundados en 1917, os Maple Leafs son o segundo equipo máis antigo de toda a competición por detrás dos Montreal Canadiens. Inicialmente o equipo recibiu o nome de Toronto Blueshirts, pasando no seu segundo ano de existencia a denominarse Toronto Arenas, e en 1919 mudou de novo de nome para pasar a chamarse Toronto St. Patricks, denominación que mantería ata 1927, cando adoptou o seu nome actual. A franquía é un dos equipos denominados "Original Six", o nome que reciben os equipos que competiron na NHL dende 1942 ata a expansión de 1967.

Remove ads

Denominacións

Ao longo da súa historia o equipo tivo diferentes nomes:

Personalidades

Xogadores

Cadro actual

Capitáns do equipo

Dende a súa primeira tempada, o equipo dos Toronto Maple Leafs tivo 17 capitáns distintos. O primeiro capitán da historia da franquía foi nomeado na tempada Tempada 1926-1927 da NHL1926-27 da National Hockey League (NHL), e foi o canadense Bert Corbeau. Dende a tempada 2010-11 o capitán do equipo é o tamén canadense Dion Phaneuf. A excepción do sueco Mats Sundin, que exerceu de capitán entre 1997 e 2008, todos os capitáns do equipo de Toronto naceron no Canadá. Dous xogadores do equipo exerceron de capitáns en dúas etapas distintas, estes foron Syl Apps (1940-43 e 1945-48) e Ted Kennedy (1948-55 e 1956-57), mentres que George Armstrong é o xogador que máis tempo ocupou o posto, cun total de 12 anos entre 1957 e 1969. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[1]

Máis información Nome, Período ...

Eleccións na primeira rolda do draft

Artigo principal: Lista de eleccións no Draft dos Toronto Maple Leafs.

Cada ano dende 1963, os xogadores das ligas menores teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Ao longo da súa historia, os Leafs escolleron dúas veces en primeira posición, seleccionando a Wendel Clark (1985) e Auston Matthews (2016). A continuación móstranse as eleccións na primeira rolda do draft da NHL dos Toronto Maple Leafs:[2]

Máis información Ano, Nome do xogador ...

Líderes históricos

Números retirados

Os Maple Leafs teñen retirado dous dorsais ata a data,[3] o primeiro foi o número 6, que foi retirado en honor a Ace Bailey o 14 de febreiro de 1934.[4] Por outra banda, o número 99 de Wayne Gretzky, considerado un dos mellores xogadores de todos os tempos, foi retirado pola NHL en febreiro do ano 2000.[5]

Máis información Nº, Xogador ...

Adestradores

Directores xerais

Remove ads

Membros do Hall of Fame

Xogadores

Thumb
King Clancy, inducted 1958
Thumb
Tim Horton, inducted 1977
Máis información Xogador, Posición ...

Outras personalidades no Hall of Fame

Máis información Xogador, Posición ...
Remove ads

Trofeos da NHL e outros

Trofeos colectivos

Stanley Cup
Thumb
A Stanley Cup.

O trofeo final para un equipo na NHL, a Stanley Cup é entregada ao campión das series eliminatorias dende a tempada 1926-27.[6][nota 1].

Os Maple Leafs son actualmente o segundo da NHL en número de campionatos conseguidos cun total de 13 Stanley Cups, só superados polos Montreal Canadiens.[7] A seguinte táboa amosa os anos nos que os Maple Leafs conseguiron o trofeo, o resultado da serie final, o adversario na final, e o nome dos adestrador do equipo esa tempada.

Máis información Ano, Resultado ...
O'Brien Trophy

O O'Brien Trophy foi un trofeo retirado de hóckey sobre xeo que era entregado na National Hockey Association (NHA) e na National Hockey League (NHL) dende 1910 ata 1950. A Copa ten sido entregada baixo catro definicións. Os Maple Leafs son o segundo equipo que máis veces conquistou o trofeo cun total de 9 veces, só superado polos Montreal Canadiens:[8]

  • Campión dos play-offs da NHL: 1917-1918 e 1921-1922
  • Campión da Canadian Division: 1932-1933, 1933-1934, 1934-1935 e 1937-1938
  • Finalista dos play-offs da NHL: 1938-1939 e 1939-1940
Prince of Wales Trophy

Dende a tempada 1993-1994, entrégase o Prince of Wales Trophy ao equipo gañador da final da Conferencia Leste durante os play-offs. O Prince of Wales Trophy é o trofeo que máis veces mudou o seu significado ao longo da historia da NHL. Os Maple Leafs teñen gañado tan só dúas veces o trofeo, ambas cando este era entregado ao campión da liga regular.[9][10]

  • Campións da liga regular: 1947-1948 e 1962-1963

Trofeos individuais

Outros trofeos

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads